Dúas propostas culturais definirán a vindeira fin de semana en Tomiño. Teatro para adultos, con “Loló e mamá”, de De Ste Xeito Producións, o sábado ás 22.00h, e “Nómades”, de Xarope Tulú, o domingo ás 17.00, ambas no Auditorio Municipal de Goián, son as dúas actividades que organiza a Concellería de Cultura dentro da súa Axenda de Outono.
“Loló e mamá”, de De Ste Xeito Producións é unha obra de teatro escrita por Esther F. Carrodeguas, que relata a historia de Margot, nai de Loló, que queda sen emprego e decide vivir na casa da súa filla, cruzando o océano. O que parecía unha idea xenial que axudaría a xuntar a unha familia desestruturada, axiña muda en desastre. Como acolle unha filla a volta da súa nai? Quen é a nai e quen a filla cando esta última ofrece casa e sustento? Canto tempo pode pasar até que esta bomba de reloxería estoupe definitivamente? Loló e Mamá fai ver, grazas a un humor fino e acedo, que o amor é unha arma de dobre fío. Un retrato cáustico e ben interpretado sobre o egoísmo imposto pola sociedade moderna, o debilitamento das redes familiares e a ambigüidade dos afectos.
“Nómades”, de Xarope Tulú, chegará o domingo ás 17.00h. O espectáculo, que mestura movemento, imaxes, música e palabras para crear paisaxes singulares, está pensado para todo público. Trátase dunha proposta en base a teatro e danza para público infantil, recomendado para nenos e nenas de entre 6 e 12 años
“Tres corpos de costas, dúas xaboeiras, unha chepa e ocos; moitos ocos. Como definir un corpo? A través dos paseos en bicicleta, ou polas bágoas provocadas logo dunha caída, ou polos sucos nas pernas ou se cadra pola capacidade de axustarse ó molde da saia, ou do pantalón…?”. Con estas palabras, os realizadores tentan definir a obra. “Habitamos a beleza do diverso, esa beleza que dá cor a outros corpos e facilita a aparición de novas tonalidades, texturas e maneiras de vivir, onde non existe un corpo equivocado, onde é posible imaxinar ás persoas en abstracto”, explican.
Os intérpretes Mara Roja, Diego Martínez y Atenea García actúan baixo a dirección de Gena Baamonde.
O valor da entrada para estes espectáculos é de 3 euros por persoa en cada un deles, pudendo no do domingo pagar 2 euros, as persoas menores de 14 anos. A venda farase, coma de costume, en taquilla, dende unha hora antes do comezo da función.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.