Fin de semana de incumprimento dos servizos minimos nos PACS de Pontevedra

Por o 10/06/2019 | Sección: Sanidad
Fin de semana de incumprimento dos servizos minimos nos PACS de Pontevedra
Compartir en:
Unha vez máis os Pacs deben asumir as fins de semana sen os suficientes médicos/enfermeiras en quenda. Nesta ocasión foi a Xerencia da área de Pontevedra a que vulnerou os servizos mínimos establecidos, sendo os Pacs de Caldas, Marín e A Parda (en Pontevedra) os que se viron privados dun médico e nun deles Caldas, tivo que asumir cun só facultativo toda a garda. Isto propiciou situacións como a do pasado sábado no Pacs de Caldas que permaneceu aproximadamente unha hora e media sen equipo sanitario, posto que o único equipo presente tivo que trasladar un posible código ictus. O domingo tocoulle ao pac de Marín de 10 a 22 , estar a traballar cun
médico de menos e non ter ata case finalizada a tarde, identificado o médico para a noite. Igualmente ao Pac da Parda que atende entre outras zonas a cidade de Pontevedra, pasoulle o mesmo. O tempo cun médico de menos fose maior se non é polo esforzo e a responsabilidade dos os médicos saíntes de garda, que quedaron unhas horas á espera da incorporación do persoal de reforzo , demostrando que unha vez máis é o propio persoal o que ten que liquidar a mala planificación da xerencia de Pontevedra, xa que na maioría dos casos, as ausencias foran avisadas con anterioridade suficiente., habemos de lembrar de novo que os PACs seguimos en folga e que os servizos mínimos foron fixados no 100% polo propio Sergas , a pesar de que sigan sendo as súas xerencias as que se empeñen en incumprilos unha e outra vez.

Comentar noticia

Your email address will not be published.