Fin de semana de fútbol nas Baloutas con motivo das Festas da Rosa

Celebraranse os Trofeos de Fútbol Base e Memorial Juan Estévez “Nené”

Esta fin de semana celebraranse dous torneos de fútbol con motivo das Festas da Rosa. Un será o sábado 17 de xuño a partir das 10.00 horas da mañá no Campo de Fútbol das Baloutas e tratarase do Trofeo Festa da Rosa de Fútbol Base no que participarán o Club Louro Tameiga, o Rápido de Bouzas, a Asociación Deportiva Vila do Corpus, e a Unión Deportiva Mos.

Mentres que o domingo 18 de xuño disputarase o IX Trofeo Festa da Rosa Memorial Juan Estévez “Nené”, que terá lugar tamén no Campo de Fútbol das Baloutas a partir das 18.00 horas da tarde. Consistirá nun torneo triangular entre U.D. Mos e C.D. Louro ás 18.30 horas, C.D. Louro e C.D. Alerta ás 19.30 horas; e U.D. Mos e C.D Alerta ás 20.30 horas.

Noticias de última hora en Vigo

BaloutasClub Louro-TameigaConcello de MosFestas da RosaMemorial Juan Estévez “Nené”Trofeo Festa da Rosa de Fútbol Base

SIGUENOS EN TELEGRAM