Unha construción anexa foi o único que se salvou do incendio que esta mañá arrasou por completo unha vivenda máis a súa contorna, no concello coruñés de Carballo.
Por fortuna, ninguén resultou afectado por este lume, no que os efectivos de extinción empregaron unhas cinco horas para apagalo. A cantidade de obxectos almacenados nunha explanada e nun alboio lindeiro coa vivenda aumentou a carga deste incendio, que acabou por devorar completamente a vivenda unifamiliar.
Cómpre lembrar que este suceso tivo lugar pouco antes das dez desta mañá, cando unha persoa particular chamou ao 112 Galicia para dar conta do que estaba a acontecer no lugar de Arganosa, en Carballo. Decontado, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia activou un operativo, no que participaron os Bombeiros de Carballo, os axentes da Garda Civil e da Policía Local, así como os voluntarios de Protección Civil da localidade.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.