Os bombeiros extinguiron esta madrugada un incendio que comezou á tardiña de onte nunha nave de madeiras situada na parroquia de Sanguiñeda, en Mos.
Por fortuna, ninguén resultou ferido e, aínda que se produciron algúnhas repuntas durante a noite, a situación está totalmente controlada.
En concreto, arderon serraduras acumuladas nos arredores do silos no recinto dunha nave que actualmente está sen actividade.
Na extinción traballaron os Bombeiros do Baixo Miño e os membros do Servizo Local de Emerxencias, que acudiron ao lugar despois da alerta recibida no 112 Galicia ás nove da noite.
Noticias de última hora en Vigo