Finaliza sen feridos un incendio declarado no interior dunha nave industrial en Vilagarcía

Publicado por o día 07/04/2019 na sección de Sucesos

Finaliza sen feridos un incendio declarado no interior dunha nave industrial en Vilagarcía

Os servizos de emerxencias extinguiron un incendio que afectou a unha nave industrial situada no Polígono de Trabanca Badiña, en Vilagarcía.

Por seguridade, foron desaloxadas dúas viviendas situadas na parte traseira da instalación afectada, pero ninguén resultou ferido.

Ata o lugar desprazáronse varias dotacións de bombeiros, logo das chamadas de alerta dos veciños, recibidas no 112 Galicia pouco antes do mediodía. A partir de aí, activouse un operativo no que participaron os Bombeiros do Salnés e do Morrazo, así como os membros do Servizo Local de Emerxencias. Do mesmo xeito, foron informados os profesionais do 061-Urxencias Sanitarias, aínda que ninguén resultou afectado.

Tamén os axentes da Policía Nacional, Local e Autonómica estableceron un cordón de seguridade para garantir a protección dos veciños e facilitar os traballos de extinción. Eles mesmos procederon ao desaloxo de dúas vivendas próximas por precaución, xa que nun momento dado, poderían verse afectadas polo fume.

Así, unha vez rematada a intervención dos efectivos de emerxencias, as persoas puideron volver ás súas casas.

Por último, os efectivos e persoal técnico analizan arestora o contenido da nave, que estaba destinada ao almacén de herbicidas e raticidas.

Comentar noticia

Your email address will not be published.