Finaliza sen feridos un incendio declarado nunha fábrica de piensos en Silleda

Publicado por o día 06/10/2019 na sección de Sucesos

Finaliza sen feridos un incendio declarado nunha fábrica de piensos en Silleda

Os bombeiros apagaron un incendio que comezou nun enfriador de pienso, no interior dunha fábrica de Silleda, sen que se rexistrasen danos persoais.

Ocorreu ás 6:15 horas de hoxe, tal e como indicaron os particulares que alertaron mediante unha chamada ao 112 Galicia. A partir de aí, activouse un operativo formado polos Bombeiros do Deza, os axentes da Garda Civil e un equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que acudiron por precaución, aínda que, finalmente, ninguén resultou afectado.

Bastaron os efectivos de extinción que partiron do parque dezano para facer fronte ás chamas, que se iniciaron nunha especie de ventilador e rematou por alcanzar a instalación superior e unha cheminea.

Comentar noticia

Your email address will not be published.