Finalizada alerta por sequía en Vigo o aumentar un 32% a ocupación de Eiras

A presa de Eiras sitúase hoxe nun 71,41% de ocupación.
Publicado por o día 11/12/2017 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Finalizada alerta por sequía en Vigo o aumentar un 32% a ocupación de Eiras

Foto arquivo

Abel Caballero informou este luns de que agua de Vigo neste momento é potable ao 100%, apta para o consumo, e seguirase analizando de forma continuada, tendo en conta que é “natural” que se produza turbidez na mesma pola entrada tan forte de auga que se produciu na presa por mor das choivas intensas.

O nivel de ocupación de Eiras ascendeu desde o 32,7% rexistrado o domingo ata o 71,41% detectado ás 7:30 horas desta mañá, o que significa, segundo o rexedor, que con toda probabilidade se acade hoxe ou mañá o nivel máximo permitido ao que pode chegar Eiras nesta época, que é do 77,7%. Un límite que se marca por motivos de seguridade ante posibles desbordamentos no caso de que se supere ese parámetro.

Caballero apuntou que as choivas foron moi xenerosas e nalgúns momentos da mañá de onte domingo na presa de Eiras entraron 45.000 litros por segundo, o que equivale ao consumo de 45 días, un dato que foi superior pola tarde.

Con este nivel de auga embalsada en Eiras, o alcalde afirmou que a situación de alerta por seca desapareceu pero seguiu recomendando “consumo responsable” por parte da cidadanía; “consumamos aquilo que necesitamos”.

En canto á situación no encoro de Zamáns, a situación é distinta: hoxe a ocupación sitúase nun 38,13%, mentres onte estaba nun 33,07%. “Subirá máis pero estamos nun nivel aínda baixo” polo que apuntou Caballero que haberá que analizar a evolución para garantir a auga dado que a súa conca é menos xenerosa que a do Oitavén da que se nutre Eiras.