Finalizaron as folgas convocadas en Renfe e no Adif, a nivel estatal, cun amplo seguimiento, pero na provincia de Pontevedra, o conflito continúa.

Publicado por o día 05/08/2014 na sección de CGT,SF Intersindical,Sindicatos,Vigo

Finalizaron as folgas convocadas en Renfe e no Adif, a nivel estatal, cun amplo  seguimiento, pero na provincia de Pontevedra, o conflito continúa.

O GOBERNO E A DIRECCIÓN DAS EMPRESAS DEBERÍAN ESCOITAR E RECTIFICAR. PARA O SF-INTERSINDICAL E A CGT AS VACACIÓNS DESPOIS.

Completadas as 46 horas de paros convocados, a nivel estatal en Renfe Operadora e ADIF  desde o Sindicato Ferroviario da Confederación Intersindical e a CGT, queremos facer un recoñecemento público ao exemplo de DIGNIDADE mostrado polos traballadores e traballadoras que secundaron as mobilizacións destes dous días, en defensa das nosas condicións laborais, do ferrocarril público que entre todos construímos, contra os peches, a privatización e a externalización dos servizos ferroviarios e por un traballo digno, con dereitos e con futuro.

folga-renfe

Facemos un chamamento as organizacions que non apoiaron as folgas, para que recapaciten na súa actitude e nas vindeiras mobilizacións sumen con aqueles que estamos a loitar contra a privatización das empresas. Aquí todos estamos no mesmo carro e cantos mais sexamos empurrando, mais lonxe chegaremos.

Agradecemos tamén as mostras de apoio e solidariedade que recibimos de compañeiros e compañeiras doutros sindicatos e sectores da produción, a nivel galego, estatal e internacional, que se dirixiron a nós para apoiarnos nesta loita en defensa do ferrocarril público.

Unha vez máis sufrimos, e seguimos a sufrir, a imposición de Servizos Mínimos abusivos, malia as sentenzas da Audiencia Nacional que nos dan a razón pero que non executa nin actúa fronte ao ataque do Ministerio e das Empresas ao noso dereito democrático á folga.

Manifestamos a nosa firme vontade de seguir traballando na mesma liña que ate de agora. O Ministerio de Fomento e as Empresas, non escoitan, non atenden, non rectifican, e seguen empeñados nas súas política de recortes, privatizacions, e agresión aos dereitos das traballadoras e traballadores do ferrocarril, como xa fixeron na sanidade, no ensino, e noutros servizos públicos, pero que non dubiden que nos van a seguir tendo en fronte. Non nos imos de vacacións, e boa proba diso é que durante o mes de Agosto estaremos apoiando o conflito que continúa nas Terminais de Mercadurías da nosa provincia.

Os Axudantes Ferroviarios que teñen ao seu cargo as manobras, carga e descarga dos trens nas terminais da Dirección de Servizos Loxísticos de Vigo Guixar, Pontevedra e Gándaras, manteñen paros de 2 horas por quenda durante os luns e venres do mes de Agosto contra a externalización, a imposición de condicións de traballo contrarias á normativa laboral pactada e na defensa dos seus postos de traballo, e a CGT e o SF-Intersindical, como non pode ser doutro xeito, imos estar con eles e coas súas xustas reivindicacións, dispostos, si a Dirección da Empresa o estíma oportuno, a buscar unha saída pactada ao conflito. As vacacións despois.

PRENSA SF-INTERSINDICAL