Fisioterapeutas galegos en pé de loita en Silleda

Un grupo destes profesionais concentrouse ante o Recinto Feiral de Silleda tal como a diantabamos no día de onte, onde este fin de semana celebráronse os exames á Oferta Pública de Emprego.
Publicado por o día 29/05/2016 na sección de Eventos,Pontevedra,Protestas,Sanidad,Vigo

Fisioterapeutas galegos en pé de loita en Silleda

O grupo de fisioterapeutas galegos concentráronse este domingo en Silleda concentráronse ao rededor da 13:30h baixo un ceo nubrado para protestar pola nula incorporación de prazas da súa categoría na oferta pública de emprego que o Sergas convocou para este ano 2016.

A concentración tivo lugar da entrada do Recinto Feiral de Silleda, onde este fin de semana celebráronse os exames á Oferta Pública de Emprego do Sergas, que realizaron máis de 800 fisioterapeutas para optar ás 11 únicas prazas que se convocan desde 2009. Alí guardaron un minuto de silencio por todas as prazas que ao longo dos últimos anos foron suprimidas polo Sergas e que non serán cubertas.

O presidente do Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia (COFIGA), Jorge Montero Cámara, leu un comunicado denunciando a incapacidade do sistema público de saúde para asumir a crecente demanda de fisioterapia existente por parte da poboación.

No documento reclaman unha maior presenza da fisioterapia no servizo galego de saúde, “que permita responder as necesidades de saúde comunitaria”, tendo en conta que “os fisioterapeutas somos unha parte esencial no proceso de intervención sanitaria”.

Así mesmo, resaltaron que a actual situación afecta directamente á poboación galega, “que día a día verá empeorada a calidade asistencial percibida e continuará sufrindo longo tempo de espera para poder acceder ao servizo de fisioterapia”. “Non se crean prazas de fisioterapeuta no Sergas mentres os pacientes seguen sendo derivados a centros concertados”, apuntan.

Montero sinala que a Fisioterapia “é un profesión independente que demostrou ser efectiva a un custo moi baixo e cunha alta satisfacción por parte do paciente”, sinalando que desde a institución continuarán traballando para alcanzar a presenza de fisioterapeutas “en todos e cada un dos centros de Atención Primaria e en todas as áreas de especialidade clínica”, “porque somos unha profesión imprescindible no proceso se prevención, promoción e recuperación dos pacientes”.