Flora Miranda Pena abandona o seu escano parlamentario

A deputada Flora Miranda anuncia que, despois de finalizado este período de sesións, marchará do Parlamento e reincorporaráse á súa consulta de Atención Primaria.

Sostén que, ante a fractura do grupo parlamentar consolídase a quebra do proxecto político polo que apostou e estaba disposta a traballar:  un proxecto que superase minifundios con altura, responsabilidade e madurez para traballar pola xente.

Entende que non procede a toma de posicións, dado o contexto. O fracaso é colectivo.
Dadas as circunstancias considera que precisa retomar o seu proxecto profesional, onde se sentirá máis útil e construtiva. Seguirá desenvolvendo traballo no lugar de onde procede: o activismo social e a prol da sanidade pública.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM