Folga e xornada de loita no ensino público o 26 de outubro

Haberá concentracións en toda Galicia para amosar o rexeitamento da comunidade educativa á LOMCE. Protestas nas sete cidades e en varias vilas.
Publicado por o día 24/10/2016 na sección de CC.OO,Empresas,Galicia,Protestas,Sindicatos,Vigo

Folga e xornada de loita no ensino público o 26 de outubro

A Federación do Ensino de CCOO de Galicia apoia a folga educativa convocada en todo o estado polos colectivos de estudantes e as súas familias para o vindeiro mércores, día 26 de outubro. O sindicato fai un chamamento ao profesorado para participar nas concentracións que se realizarán pola tarde na Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.

Os lugares e horas das concentracións son os seguintes:

— A Coruña: ás 19:30 h, diante da Delegación do Goberno
— Lugo: ás 19:30 h diante do edificio multiusos da Xunta
— Ourense: ás 19:30 h diante da Subdelegación do Goberno
— Pontevedra: ás 18 h, na praza da Peregrina

Tamén haberá protestas en Ferrol, Santiago de Compostela, Ribeira e Vigo, das cales daremos máis información nas próximas horas.