O sindicato ferroviario da Confederación Intersindical convoca folga en RENFE e ADIF os días 31 de Xullo e 1 de Agosto

Publicado por o día 18/07/2014 na sección de Vigo

O sindicato ferroviario da Confederación Intersindical convoca folga en RENFE e ADIF os días 31 de Xullo e 1 de Agosto

Ante as constantes agresións ao Ferrocarril Público por parte do Ministerio de Fomento que tenden ao desmantelamento do Sector Público Ferroviario, O SINDICATO FERROVIARIO DA CONFEDERACION INTERSINDICAL CONVOCA FOLGA EN RENFE E ADIF OS DIAS 31 DE XULLO E 1 DE AGOSTO

O SF-Intersindical considera que unha situación tan grave como a que están sufrindo as empresas públicas RENFE e ADIF, debe obter unha resposta contundente e o máis unitaria posible por parte do colectivo ferroviario. Non imos aceptar sumisa e resignadamente o desmantelamento do Ferrocarril Público e a implantación dun modelo de ferrocarril, como o británico, que demostrou ser unha ruína económica e supuxo graves consecuencias para toda a cidadanía e para o colectivo ferroviario.

O pasado día 13 de xuño de 2014, o Consello de Ministros acordou a determinación do número e vixencia de títulos habilitantes para a prestación de servizos de transporte ferroviario de viaxeiros en réxime de concurrencia en determinadas liñas e tramos da Rede Ferroviaria de interese xeral, dando lugar á Resolución de 27 de xuño de 2014 da Secretaría de Estado de Infraestructura, Transporte e Vivenda publicada no BOE o pasado 4 de xullo de 2014.

Este acordo do Consello de Ministros supón un paso máis cara ao desmantelamento do Sector Público Ferroviario e, lonxe de tratarse da licitación dun só título habilitante como se pretende dicir desde o Ministerio de Fomento, é o establecemento do modelo polo que se pretende dar entrada aos operadores privados nun proceso de liberalización altamente perxudicial para o ferrocarril, como se demostrou naqueles países onde se implantou con estas mesmas características, véxase Inglaterra ou Arxentina como exemplos máis claros das nefastas consecuencias que a liberalización ten para a seguridade e a calidade na operación ferroviaria.

Paralelamente a estas decisións, que se veñen a sumar ás xa adoptadas en datas precedentes e que desembocaron na segregación de RENFE-Operadora en 4 sociedades, e do ADIF en dúas, véñense adoptando outras que afondan no desmantelamento das empresas públicas ferroviarias facilitando o camiño da total privatización:

– Externalización de Cargas de Traballo de Talleres mentres se perpetúan e aumentan as graves carencias na xestión das bases de mantemento de material rodante con falta de repostos e ferramentas.

– Falta de persoal nos diferentes servizos que en lugar de paliarse con novos ingresos se amortizan con saturación de gráficos, modificación de cargas de traballo e de funcions impostas, polivalencias, etc.

– Se está permitindo un proceso de envellecemento do persoal cun alarmante incremento da idade media, situada xa contorna aos 52 anos, que supón un grave problema de viabilidad, dadas as peculiares características das actividades a desenvolver polas traballadoras e os traballadores das empresas.

– Imposición de procesos de movilidad forzosa que pode supoñer graves prexuízos a centenares de compañeiras e compañeiros.

– Despidos colectivos

– Falta dun Plan Global de Viabilidade das empresas que garanta a correcta prestación do servizo que a sociedade nos ten encomendado

– Licitación para a privatización dos servizos de Mantemento de Instalacións de Seguridade que actualmente atenden as traballadoras e traballadores de ADIF, que se vén a sumar á privatización efectuada da Fibra Óptica e dos servizos de Mantemento de Liña Área de Contacto.

– Pase a Autoprestación ou Risco e Ventura de múltiples Terminales de Mercancías, o que supón o abandono da actividade de multitude de terminais, deixando o transporte de mercadurías en mans privadas e convertendo ao ADIF nun mero xestor de espazos e instalacións sen prestación de servizos produtivos.

– Imposición das funcións de Inspección Visual de Trens con grave risco para a seguridade na circulación ferroviaria sen negociación nin acordo co Comité Intercentros.

– Peche de dependencias de Mantemento de Infraestructura impostas sen negociación nin acordo cos representantes legais dos traballadores, o que supón ir desmantelando a prestación deste servizo por parte da empresa pública ADIF para privatizar.

– Peche de dependencias na antigua FEVE tras a desaparición de esta empresa e a súa integración en Renfe e Adif sin terminar de definir o acoplamento do seu persoal nas respectivas plantillas.

– Máis de mil traballadores e traballadoras da canle de venta e atención ao cliente con un futuro incerto ao que non se lle vislumbra solución ante á falta de compromiso do Ministerio de Fomento para reparar decisións que recoñecen foron erradas, ao adxudicarlle o canle de venta ao administrador da infraestructura en vez de trasvasalo a empresa operadora trala primeira división de Renfe en dúas empresas no ano 2005.

Desde o SF-Intersindical consideramos que a folla de ruta que veñen desenvolvendo supón unha agresión sen precedentes, tanto cara aos traballadores e traballadoras do ferrocarril, como cara á sociedade en xeral e non imos pechar os ollos á realidade, non podemos nin debemos mirar cara a outro lado mentres desmantelan o Ferrocarril Público, construído cos impostos do conxunto da cidadanía e co esforzo de miles de ferroviarios e de ferroviarias que, xeración tras xeración, deixáronse a pel nas vías, nas estacións, nas cabinas de conducción, en todos os centros de traballo.

Cubrindo quendas, nocturnas, á intemperie, nas festas, nos fins de semana, con frio ou calor, o colectivo ferroviario veu fraguando a historia dun ferrocarril público, patrimonio de toda a cidadanía, que hoxe é exemplo para moitas administracións ferroviarias e que, nembargantes, este goberno pretende votar a perder.

Por iso, convocamos FOLGA EN ADIF E RENFE os seguintes días:

– 31 de xullo de 2014 desde as 01:00 h. ata as 24:00

– 1 de agosto de 2014 desde as 00:00 h. ata as 23:00 h.

EL FERROCARRIL NO ES UN JUGUETE

PRENSA SF INTERSINDICAL