Fomento asume a demanda de En Marea e consignará máis investimentos para a mellora das estradas galegas

A deputada tamén arrincou a Fomento o compromiso de abrir diálogo co Goberno portugués para a inculsión da conexión Vigo-Porto na rede europea de mercadorías.
Por o 10/01/2019 | Sección: En Marea,Galicia,Política,Vigo
Fomento asume a demanda de En Marea e consignará máis investimentos para a mellora das estradas galegas

A deputada de En Marea, Alexandra Fernández, mantivo este xoves unha xuntanza no Ministerio de Fomento co Secretario Xeral de Infraestruturas, Javier Izquierdo, para trasladarlle varias demandas crucias para En Marea, como a saída sur de Vigo, o corredor Atlántico ou os prazos de remate do AVE a Galicia.

“Foi unha xuntanza moi produtiva. Valoramos positivamente o anuncio de que nos Orzamentos deste 2019 haberá máis investimentos para o mantemento e mellora das estruturas viarias galegas, unha petición histórica de En Marea, sobre a que presentamos varias iniciativas no Congreso”, explicou a deputada.

Fernández incidiu na necesidade de mellorar a seguridade viaria nas estradas de Galicia, que na actualidade teñen un mantemento moi deficitario.

“É moi positivo o cambio de estratexia, de apostar polo mantemento e mellora e non de construción de novas infraestruturas sen manter as actuais”, explicou a deputada.

Ademais, a parlamentar de en Marea valorou positivamente o compromiso por parte de Fomento de “manter a data de finais de 2019 para a finalización das obras do AVE Galicia” e advertiu que “estaremos pendentes de que así sexa”.

“Sacámoslle o compromiso de manter a data de finalización das obras ata o final de 2019, pero a posta en servizo non poderá ser ata 2020 polos prazos de probas. A primeira proba de algodón será ver se en 2019 están rematadas as obras”, sinalou.

Fernández tamén destaca o compromiso que En Marea lle arrincou ao Goberno para abrir un diálogo co Goberno portugués co fin de impulsar e favorecer a inclusión da conexión Vigo – Porto dentro das redes europeas de mercadorías.

“É un paso importante que o Goberno se comprometa con esta infraestrutura”, sinalou.

Ao mesmo tempo pensamos que o Goberno quedouse corto coa saída sur de Vigo, porque “tamén é estratéxica a conexión con Portugal”.

“O Goberno tirou balóns fora, para En Marea é estratéxico e seguiremos insistindo”, concluiu.

Comentar noticia

Your email address will not be published.