Fomento é incapaz de xustificar o veto á transferencia da AP-9 ante a demanda de En Marea

A deputada Alexandra Fernández insistiu na comisión de Fomento na “falta de argumentos do Goberno para vetar a proposta unánime da Cámara galega para a transferencia da AP-9”.
Publicado por o día 26/10/2017 na sección de En Marea,Galicia,Política

Fomento é incapaz de xustificar o veto á transferencia da AP-9 ante a demanda de En Marea

A deputada de En Marea, Alexandra Fernández, reclamou este mércores na Comisión de Fomento a Manuel Niño González, secretario de Infraestruturas do Goberno, a transferencia da AP9 que o Partido Popular “veta sistemáticamente”.

Fernández iniciou a súa intervención enfatizando o carácter anti democrático do veto do Goberno e da Mesa do Congreso á proposición de lei aprobada por unanimidade no Parlamento galego para que se traspase a xestión da AP-9 á Galiza.

“Unha minoría, PP e Cs, vetaron na Mesa unha proposta unánime da Cámara galega sobre a AP-9”.

A deputada puxo de manifesto que o Goberno abusa deste tipo de vetos cando deberían ser unha excepcionalidade, como sinalan os letrados da Cámara.

O veto susténtase “nunha chapuza”

A parlamentar de En Marea denunciou que “a xustificación do veto está basada nunha auténtica chapuza. Un catálogo de falsedades segundo o cal multiplícase directamente o que se ingresa nas peaxes polos anos que faltan de concesión”.

“Se só calculas os cartos das peaxes sen ter en conta os custes, saen 4.300 millóns de euros. Pero as fórmulas que se empregan para facer estos cálculos son moito máis complexas”, afirmou a deputada.

A segunda chapuza, continuou, “é que a primeira proposición de lei do parlamento galego non contemplaba o rescate como algo automático, aparecía como unha posibilidade de futuro, co cal non afectaba aos orzamentos actuais”.

En terceiro lugar, “após do primeiro veto, o Parlamento galego aproba unha segunda proposición que xa non fala de resgate, só de transferencia. Voltan a argumentar o veto en base a motivos económicos. Están a vetar constantemente esta proposta con falsedades e con arguemento chapuceiros para vetar sen motivo. Estamos ante un problema de que o Parlamento galego está a intentar dialogar cun muro permanente”.

“Responda aquí hoxe, por que están a vetar esta iniciativa? Digan argumentos de verdade”, asegurou a deputada.

Sen embargo, Niño non conseguiu dar resposta a ningunha das acusacións.

“É unha estrada que debe permanecer na rede de interese xeral do Estado”, defendeu o secretario.

Ademais, Niño defende o método de cálculo e a cifra de rescate que di que resposta á “contabilidade real” e non entra a concretar nin detallar porque defende ese método de cálculo bastante cuestionado desde diversos ámbitos.

O secretario tampouco comparte que esté amortizada a pesar de que ampliaron a concesión de forma inxusta.

En definitiva, Niño limitouse a amosar o seu desacordo nunha resposta vaga e xenérica sen explicar con argumentos o motivo dun veto que é claramente político.

Na contraréplica, Fernández denunciou que o que “está detrás de todo esto é un ADN recentralizador propio do PP e de Cs”.

O seu modelo é o de recentralizar. “Van a destrozar toda a capacidade do Parlamento galego para traer propostas a esta Cámara? Esta autoestrada xa estaba amortizada e foi agasallada a unha concesionaria para seguir a espoliar aos galegos e ás galegas. Entón, explíquelles por que se xa estaba pagada temos que seguer a pagala? Xa é nosa”, enfatizou a deputada.

Ante esta situación, a deputada preguntou se os galegos e galegas “somos menos que cataláns ou vascos, a onde se trasferiron autoestradas similares ou menos que os madrileños, onde tamén as rescataron”.