O Ministerio de Fomento ven de respostar á deputada de En Marea, Alexandra Fernández, que “non ten constancia de que a Inspeción de Explotación da autoestrada teña informado dunah mala xestión por parte da concesionaria AUDASA”.
Esta á afirmación que fai Fomento por escrito a Alexandra Fernández que criticou os recorrentes atascos diantes das cabinas de peaxe da AP-9, a falla de investimentos, a falla de persoal e a falla dun Programa de Descontos, e responsabilizou ao Ministerio de non ter feito nada perante a concesionaria.
Á deputada de En Marea chámalla e atención que Fomento desculpe en todo momento a AUDASA cando en anos anteriores admitiu as deficiencias na xestión da autoestrada. Alexandra Fernández critica que minimice os atascos quilométricos nas cabinas de peaxe cando supoñen un mal servizo a cambio de elevadas peaxes. O Ministerio fai afirmacións do tipo: “á AP-9 é susceptíbel de sofrer retencións ocasionais en puntas de tráfico”.
Fomento desculpa e defende a AUDASA
A parlamentar de En Marea lamenta que o Ministerio se sitúe ao lado dos intereses de AUDASA incluso perante históricas demandas de Programas de Descontos, que a AP-9 non ten. “Resulta indignante a resposta de Fomento defendendos os intereses comerciais da concesionaria e incluso preocupándose pola redución dos seus ingresos. É unha tomadura de pelo cando Fomento debería implicarse na intermediación perante a concesionaria para que os galegos e as galegas teñan descontos como noutras autoestradas do estado. Dabondo pagamos xa polas peaxes”.
O Ministerio indica na súa resposta a EN Marea que “calquer outra forma de descontó nas peaxes que se pretenda impór supón unha perda de ingresos da concesionaria, que vería afectado o seu equilibrio económico financeiro”.
Noticias de última hora en Vigo