Fomento reduce a súa actuación na Praza de Conde de Fontao á construción do aparcadoiro e asegura que isto “mellorará a súa imaxe”

Fernán Vello demandaba ao Ministerio apostar pola mellora da praza na que se sitúa a estación de tren, e tamén pedía a construción dunha pasarela á altura do estadio Anxo Carro, tema que traslada ao concello.
Publicado por o día 10/10/2018 na sección de En Marea,Política

Fomento reduce a súa actuación na Praza de Conde de Fontao á construción do aparcadoiro e asegura que isto “mellorará a súa imaxe”

O Ministerio de Fomento vén de remitir resposta por escrito ao deputado de En Marea no Congreso, Miguel Anxo Fernán Vello, en relación á súa demanda de que contribúa a mellorar o estado de abandono da praza de Conde de Fontao onde se ubica a estación de tren.

Básicamente, o Ministerio reduce toda actuación á construción dun aparcadoiro na zona de mercadorías da estación e que asegura “mellorará a imaxe da zona”. Alega o Ministerio que a praza de Conde de Fontao “non é responsabilidade exclusiva de ADIF” e que alí sitúanse “solares, edificios e fincas abandonados que son responsabilidade dos propietarios”.

“Sería un bo momento para unha reforma integral da praza”

O Ministerio indica a Fernán Vello que procederá a “adecuar una superficie de 2.480 metros cadrados para aparcadoiro de  vehículos cunha capacidade de 120 prazas”. Explica que ten previsto o “repintado das prazas do aparcadoiro existentes, así como o arranxo dos desperfectos que poidan corresponder a ADIF”. O deputado de En Marea no Congreso leva tempo pedindo unha reforma integral desta praza na que se ubica a estación ferroviaria.

“Precisa dunha actuación de maior calado e podía aproveitarse o momento para emprender, en colaboración co concello, unha reforma desta emblemática zona”, asegura. 

Fomento responde a En Marea que a pasarela sobre o Anxo Carro vaina facer o concello

Ademais, Fernán Vello pedía a Ábalos que cambiase a posición do anterior Ministerio de Fomento do PP, e dese luz verde á construción da tan demandada pasarela peoníl sobre a N-VI á altura do estadio de Anxo Carro. Trasladáballe a necesidade dunha infraestrutura que sería de enorme utilidade para a movilidade da cidade de Lugo, e que contribuiría a garantir a seguridade vial da poboación. 

O Ministerio de Fomento pasa a responsabilidade ao concello e sinala que “ten competencias en materia de seguridade vial peoníl”. Anuncia que o consistorio “está a proxectar a execución dunh nova pasarela á altura do estadio Anxo Carro” e que foi “unha cuestión tratada nas últimas reunións mantidas entre o Ministerio e o concello de Lugo”.

As medidas de Fomento redúcese á instalación de vallas protectoras nas marxes da N-VI, “á vez que restrinxió a posibilidade de aparcar vehículos na zona de dominio público da estrada N-VI”. O parlamentar de En Marea ten advertido en numerosas ocasións que os auténticos colapsos que se producen nesa área en momentos de competicións deportivas “non se arranxan con vallas” e insistía en que a solución está nunha nova pasarela sobre a N-VI. Lembra asemade que a N-VI é unha estrada de titularidade estatal.