“Fora os Borbóns, pola República”

Publicado por o día 06/06/2014 na sección de Vigo

“Fora os Borbóns, pola República”

DIVERSOS COLECTIVOS SINDICAIS, POLÍTICOS E SOCIAIS, EN RÉXIME DE AUTOCONVOCATORIA CONVOCAN EN VIGO DIANTE DO MARCO ESTE SÁBADO 7 DE XUÑO ÁS 19:00 A CIDADANÍA A SAIR Á RÚA CO LEMA “FORA OS BORBÓNS, POLA REPÚBLICA”.

A Convocatoria a asinan a Asemblea Republicana, Esquerda Unida, CUT, STEG, Anova, Sindicato Ferroviario da Confederación Intersindical, EQUO, Democracia Participativa, FPG, Espazo Ecosocialista, Sindicato de Elevación, Xeira, Xuventude Comunista, Sindicato Labrego Galego.

Este colectivo de organizacións fai un chamamento a cidadanía para que reclame o dereito a decidir sobre o  modelo de estado que queremos; Unha clamorosa esixencia de superación do pacto constitucional do 78, do que moitas e moitos que aínda poden contalo, non participaron; e do que todas e todos os que hoxe teñen menos de 57 anos, tampouco puideron ser partícipes.

As forzas política e sociais que convocan consideran que neste contexto político aberto trala abdicación do monarca o papel fundamental ten que xogalo á cidadanía e evitar que este intento de segunda transición relegada a un pacto de elites e de despachos sen o concurso do pobo.

A concentración será o sábado 7 ás 19 horas  coincidindo coas múltiples convocatorias que en Galicia e no estado se celebrarán á mesma hora.

cartaz concentracon pola republica 07.06.2014

NOTA DE PRENSA ENVIADA POR:
 EQUO / EU VIGO / SF INTERSINDICAL
ESPAZO ECOSOCIALISTA