Forzáns celebra o seu día grande en horna á Virxe da Caridade

A misa celebrouse, como manda a tradición sempre que o tempo o permita, no torreiro da festa e contou con moita participación
Publicado por o día 16/09/2019 na sección de Galicia,Ponte Caldelas

Forzáns celebra o seu día grande en horna á Virxe da Caridade

A parroquia de Forzáns, no concello de Ponte Caldelas, celebrou neste 15 de setembro o seu día grande en horna á Virxe da Caridade.

Dende a Comisión de Festas organizaron unha fin de semana chea de actividades. Entre elas na xornada do sábado coa celebración das XIV Olimpiadas Labregas, un partido de fútbol de “UNS DE FORZÁNS CONTRA OUTROS DE FORZÁNS” , o torneo de subastado e para rematar dende a comisión organizaron a mexillonada. Unha cita que contou con prezos populares e onde se repartiron un total de 300 kilos de mexillóns. A continuación houbo unha gran verbena amenizada por Magikal e por La Ola.

Xa na xornada do domingo 15 de setembro estas Festas da Virxe da Caridade viviron o seu día grande coa celebración da Misa Solemne en Horna á Virxe da Caridade, unha cita que tivo lugar, tal e como manda a tradición, no torreiro da festa. A misa contou coa Banda Unión de Música de Tenorio e a continuación tivo lugar a procesión onde se levaron as imaxes da Virxe da Caridade e do San Roque. Tras deixar as imaxes na Igrexa de Forzáns as veciñas e veciños puideron desfrutar da sesión vermú amenizada pola Banda de Tenorio.

O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, felicitou á comisión polo “seu bo facer” e por conseguir levar a cabo “unhas .festas tan participativas”