Fracaso nas medidas de impulso demográfico do goberno galego

Publicado por o día 08/02/2019 na sección de Política,PSOE

Fracaso nas medidas de impulso demográfico do goberno galego

A portavoz de Facenda do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, alertou hoxe do “fracaso” das medidas de impulso demográfico da Xunta de Galicia. unha das liñas principais do Plan Estratéxico de Galicia 2015-2020. Así o dixo na comparecencia no Parlamento do director xeral de Planificación e Orzamentos precisamente para dar conta do dito Plan.

Rodríguez Rumbo reclamoulle ao goberno galego que se pronuncie sobre as “mais que preocupantes” declaracións de Pablo Casado para impulsar a natalidade “convertendo ás mulleres en contedores de fillos, é dicir, unha fábrica de obreiros”. Reclamoulle á Xunta que se pronuncie sobre a “folla de ruta” marcada polo seu líder para volver á Lei de Interrupción do Embarazo de 1985 en lugar de impulsar o emprego e fomentar a conciliación.

Polo momento, dixo, o goberno galego ten fracasado nos seus obxectivos de “retomar a senda do crecemento demográfico, converter Galicia nun lugar atractivo para vivir”, facendo do PEG “unha nova oportunidade perdida” mentes abocan a esta Comunidade Autónoma a ser “un país para vellos”. Neste sentido, lembrou que actualmente a taxa de natalidade sitúase en Galicia en 1,13 nenos por muller –dato de 2016-, afastado do obxectivo de 1,59 fixado polo goberno galego.

Taxa de natalidade

Galicia mantense así por debaixo da taxa de natalidade de España -1,34- e da UE -1,6-, mentes o saldo vexetativo continúa reducíndose, pasando de perder 7.643 habitantes en 2009 a perder 13.364 en 2017. No ano 2018, lembrou, a poboación maior de 64 anos representa o 25 por cento do total, mentres os menores de 20 son só o 16 por cento.

Rodríguez Rumbo reivindicou a posta en marcha de políticas de promoción do emprego como principal medio de recuperar a taxa de natalidade e frear o declive demográfico de Galicia. Mentres o goberno galego “deixou de gastar 375 millóns de euros que deberan ir dirixidos á Promoción do Emprego” durante os 3 anos primeiros anos de vixencia do PEG.