Fran Escribá non continuará como adestrador do RC Celta

Publicado por o día 04/11/2019 na sección de 1ª división,Celta,Deportes,Fútbol,Galicia,Vigo

Fran Escribá non continuará como adestrador do RC Celta

Fran Escribá e o seu corpo técnico non seguirán á fronte do banco do RC Celta. O club desexa transmitir o seu máis sincero agradecemento, tanto ao adestrador valenciano como aos seus colaboradores polo seu traballo, profesionalidade e esforzo demostrado durante a súa etapa no RC Celta. Para o recordo da familia celtista quedará a permanencia cultivada a pasada tempada no marco da Nosa Reconquista.

O RC Celta desexa a Fran Escribá e aos seus axudantes o maior dos éxitos no futuro, tanto no profesional como no persoal.

A cadea radio Vigo apunta a que o seu substituto será o ex adrestrador do Real Madrid o arxentino Santiago Solari, pode ser cuestión de horas que sexa novo técnico celeste así apuntan os nosos compañeiros, tamén apuntan a outros posibels futuros adestradores como Eusebio, Setién, Albelardo, Javi Gracia.

 

 

Comentar noticia

Your email address will not be published.