Fran Fervías: “O crecemento de C’s é sostido e continuado a un ritmo de máis de 40 afiliados diarios”

O secretario de Organización nacional, Fran Fervías, informou aos secretarios rexionais dos plans de implantación do partido
Por o 29/01/2018 | Sección: Ciudadanos,Política
Fran Fervías: “O crecemento de C’s é sostido e continuado a un ritmo de máis de 40 afiliados diarios”

Laureano Bermejo, secretario organización Cs Galicia: “a reunión foi moi frutífera e alentadora e nela fixamos as liñas mestras de traballo para as próximas eleccións municipais de 2019″

“O crecemento interno, a vitoria electoral en Cataluña e o auxe de Cs que detectan todas as enquisas demostran que cada vez máis españois confían no noso proxecto; é o momento de devolverlles esa confianza”, asegurou o secretario de Organización nacional da formación laranxa, Fran Fervías. Así mesmo, engadiu que “o crecemento do partido é continuado e sostido, cun incremento en máis de 5.000 afiliados nos últimos 4 meses, é dicir, máis de 40 afiliados diarios de media en toda España”.

Agora é “o momento de devolverlle aos cidadáns a confianza depositada, demostrándolles co noso traballo que somos a aposta gañadora e de futuro”, reafirmouse nunha reunión mantida na sede nacional con todos os secretarios de Organización autonómicos. Ademais, o secretario de Organización indicou que “os resultados electorais en Cataluña, onde gañou Cs, demostran que se pode gañar ao nacionalismo, ao populismo e ao bipartidismo cun proxecto de rexeneración para todos os españois”.

Fervías fixo balance da situación actual do partido e asegurou que “Cs superou os 24.000 afiliados e consolidou unha estrutura que permite ao proxecto estar xa presente na inmensa maioría do territorio español”. Tamén apuntou que Cidadáns está preparado para gobernar: “temos líderes, equipo, proxecto e o mellor aval que é a confianza dos españois que valoran o noso traballo nas institucións”.

Na reunión que tivo como obxecto poñer en común os obxectivos para este 2018 e abordar os plans de expansión previstos para cada comunidade, estivo presente o secretario de organización de Cs Galicia, Laureano Bermejo, quen destacou que “a reunión foi moi frutífera e alentadora e nela fixamos as liñas mestras de traballo para as *proximas eleccións municipais do ano 2019″. “Desde Cs hai plans moi ambiciosos para Galicia e non teño ningunha dúbida de que será a oportunidade de consolidarnos como partido”. “É unha realidade o apoio que Cs está a recibir e vai gañando como partido entre os españois e entre os galegos e en Galicia estamos a crecer a razón de 30 afiliados ao mes”.