Fridays for Future pide en Vigo “un alcalde que alardee de medidas contra o cambio climático e non da árbore de Nadal”

Publicado por o día 26/09/2019 na sección de Galicia,Medio Ambiente,Protestas,Vigo

Fridays for Future pide en Vigo “un alcalde que alardee de medidas contra o cambio climático e non da árbore de Nadal”

O movemento Fridays for Future presentou este xoves en Vigo os seus obxectivos, así como a manifestación que se celebrará o venres, con motivo da folga mundial polo clima, e enviou unha mensaxe a Abel Caballero: “Preferimos un alcalde que alardee de tomar medidas contra o cambio climático, e non de que ten a árbore de Nadal máis grande”.

Así o trasladaron portavoces deste colectivo, integrado na plataforma Movemento Galego polo Clima, nunha rolda de prensa celebrada na cidade olívica, na que fixeron un chamamento á participación na marcha que sairá este venres, ás 20,00 horas, do cruzamento de Vía Norte con Urzáiz.

Manel Iglesias sinalou que o Concello de Vigo, que aprobou recentemente a Declaración de Emerxencia Climática en pleno, debe tomar medidas que demostren o seu compromiso con esa declaración, e estendeu esa esixencia tamén a outras administracións. “Téñense que tomar isto en serio de verdade (…), se en 2030 non chegamos a emisións cero, isto vaise a pique, non hai planeta B”, sinalou este membro de Fridays for Future.

No caso de Vigo, lamentou que o mesmo día en que se aprobou a Declaración de Emerxencia Climática, o goberno “deu as costas” aos bombeiros (rexeitando debater unha moción sobre a súa situación), un servizo “esencial” na protección dos montes; ou que “siga adiante coas obras de Porta do Sol”.

María González lembrou que as principais reivindicacións que están sobre a mesa son a redución das emisións de CO2 (a medida “máis urxente”), o apoio ás enerxías renovables, cambios nas políticas forestais e agrícolas, modelos de xestión da auga máis eficientes, construción de vivendas bioclimáticas ou maior educación ambiental.

Tamén animaron a cidadanía a manifestarse mañá pola emerxencia climática.

Actividades de mañá

Video da rolda desta mañá

Rolda de Fridays for future Vigo

#Vigo #EmerxenciaClimática #27SO Movemento Galego polo Clima e Fridays for future Vigo e presentaron esta mañá a loita cidadá contra o cambio climático. Xente nova, esperanza nova. Non hai planeta B. Tamén animaron a cidadanía a manifestarse mañá pola emerxencia climática.Na zona de comentarios tedes a axenda de mañá.

Publicada por Noticias de Vigo en Jueves, 26 de septiembre de 2019

Comentar noticia

Your email address will not be published.