A FSS-CCOO de Galicia reelexiu a Angel Cameselle Corbacho como Secretario Xeral no seu VIII congreso

A federación de Sanidade e Sectores Sociosanitarios de CCOO de Galicia (FSS-CCOO de Galicia) celebrou o 16 de marzo na vila de Sanxenxo o seu VIII congreso, no que reelexiu para o seu segundo mandato a Angel Cameselle Corbacho. Do mesmo xeito elexiuse a nova executiva federal
Publicado por o día 17/03/2017 na sección de CC.OO,Sanidad,Sindicatos,Vigo

A FSS-CCOO de Galicia reelexiu a Angel Cameselle Corbacho como Secretario Xeral no seu VIII congreso

A federación de Sanidade e Sectores Sociosanitarios de CCOO de Galicia (FSS-CCOO de Galicia) celebrou o 16 de marzo na vila de Sanxenxo o seu VIII congreso, no que reelexiu para o seu segundo mandato a Angel Cameselle Corbacho. Do mesmo xeito elexiuse a nova executiva federal.

O VIII Congreso da FSS-CCOO contou coa presenza dunha representación da Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO encabezada polo seu Secretario General, Antonio Cabrera.

No mesmo resultou reelexido como Secretario xeral Angel Cameselle Corbacho, que cumprirá o seu segundo mandato. Do mesmo xeito elexiuse a nova Comsión Executiva que se renovou nun 50%, e que contará cunha porcentaxe dun 70% de mulleres e un 30% de  homes, e da que formarán parte Emilia Lamas Seoane, Mª Luz Fernández Tuñas, Celia Iglesias Franco, Ana Belén Puga Bello, Marisol Alvarez Fernández, Alfonso García Blanco e Javier González Castro.

O secretario fixo un repaso do traballo da Federación nestes últimos catro anos, así coma dos retos e obxectivos para o vindeiro período.