A Fundación Novacaixagalicia inicia a montaxe da mostra do seu tradicional concurso de beléns

Publicado por o día 04/12/2013 na sección de Cultura

A Fundación Novacaixagalicia inicia a montaxe da mostra do seu tradicional concurso de beléns

  Fundación Novacaixagalicia expón, a partir do día 12 de decembro, os beléns que participan no tradicional concurso que a entidade organiza cada ano nestas datas.

  A mostra, que estará situada na sala de exposicións do Centro Cultural da fundación en Vigo, rúa Policarpo Sanz, 13, permanecerá aberta ao público ata o 6 de xaneiro e o seu  horario de apertura será de luns a venres de 17.00 a 20.30 h ata o 20 de decembro; a partir do 23 deste mes, de luns a venres de 11.00 a 14.00 h e de 17.00 a 20.30 h e sábados, domingos e festivos de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 h (agás os días 25 de decembro e 1 de xaneiro, que permanecerá pechada).

  A presente edición do certame é a primeira das 48 que se destina a unha causa solidaria: recadar fondos para o Banco de Alimentos de Vigo.