A Fundación Novacaixagalicia leva ás táboas o xénero do Western cunha divertida comedia de Yllana

Publicado por o día 19/12/2013 na sección de Cultura

A Fundación Novacaixagalicia leva ás  táboas o xénero do Western cunha divertida comedia de Yllana

   Un Western para escachar coa risa chega ás táboas do Centro Culturalda Fundación Novacaixagalicia de Vigo para botar un sorriso ao Nadal. O vindeiro sábado 21 de decembro ás 19.30 h. este centro da fundación galega, emprazado na rúa Policarpo Sanz, 13, representa a obra Yllana – Far West, a primeira incursión desta compañía, Yllana, no xénerpo do western.

  Todos aqueles que desexen adquirir a súa entrada poderán adquirila a través das canles habituais de comercialización de espectáculos da fundación galega, a web de Servinova, servinova.com, e a billeteira telefónica 902 504 500, en horario de 8.00 a 22.00 h. A fundación galega estableceu unha serie de prezos solidarios a través da súa política de bonificacións e descontos dirixida a desempregados, xubilados e xente nova que ofrecen unha rebaixa adicional dun 10 % sobre o importe do billete co obxectivo de democratizar a cultura teatral ao facilitar o acceso á mesma a sectores da poboación con máis dificultades.

  Yllana – Far West conta unha historia que comeza nunha estación de tren. Alí un granxeiro recibe á súa prometida, á que non coñece en persoa. Pero antes de que se biquen por vez primeira dous malvados foraxidos a secuestran. O resto do espectáculo son persecucións en cabalo, carromato, tren, viaxes polo deserto, cantos indios, partidas de cartas en cantinas. Todo o que se pode agardar dun bo filme do Oeste.

  A escenografía é sinxela e moi efectiva, a posta en escena é orixinalísima. Axudada por unhas proxeccións e uns poucos elementos de escenografía, Yllana consegue facernos viaxar por onde quere. A gargallada non ha cesar durante a hora e media que dura o espectáculo. O elenco formado por tres homes (Antonio de la Fuente, César Maroto e Rubén Hernández) e unha muller (Susana Cortés) que realizan unha labor de interpretación espectacular acompañados dunha banda sonora intensa e adaptada a este western.