A Fundación Novacaixagalicia trae a Vigo A nena e o grilo nun barquiño dentro da súa programación para escolares

Publicado por o día 29/11/2013 na sección de Cultura

A Fundación Novacaixagalicia trae a Vigo A nena e o grilo nun barquiño dentro da súa programación para escolares

A NENA E O GRILO

 Máis de 3600 escolares de 70 colexios de Vigo e a súa comarca terán a oportunidade de acudir á representación da obra A nena e o grilo nun barquiño da compañía A nena e o grilo.

 Un espectáculo incluído dentro da programación de artes escénicas e musicais para escolares que a Fundación Novacaixagalicia programou para este curso 2013-2014 e ás que se apuntaron en toda Galicia máis de 75 000 estudantes. As representacións terán lugar os vindeiros días 2, 3, 4 e 9 de decembro en funcións que comezarán ás 10.00 e 12.00 h no Centro Cultural da fundación galega da cidade viguesa, localizado na rúa Policarpo Sanz, 13.

PRENSA FUNDACIÓN NOVACAIXA GALICIA