A Fundación Provigo realizará un estudo estratéxico sobre o desenvolvemento da cidade

Logo da reunión do Padroado desta mañá, o alcalde informou da aprobación do plan de actuación da entidade para o vindeiro ano que inclúe unha análise da economía, o I+D, o naval e a pesca como claves do desenvolvemento de Vigo.
Publicado por o día 14/12/2016 na sección de Concello de Vigo,Vigo

A Fundación Provigo realizará un estudo estratéxico sobre o desenvolvemento da cidade

O Padroado da Fundación Provigo deu luz verde este martes ao Plan de Actuación da entidade para o exercicio 2017 que inclúe un estudo estratéxico sobre as liñas de desenvolvemento da cidade, coa economía, o naval, o I+D e a análise do ámbito pesqueiro que, para o rexedor, son os “temas que marcan a cidade”.

Despois do encontro, Abel Caballero transmitiu a “preocupación e rexeitamento” do Padroado da Fundación Provigo á proposta do Ministro de Fomento sobre a paralización do AVE de Vigo a Madrid, que consideran “un tema estratéxico na cidade”, polo que a entidade convocará unhas xornadas para abordar esta cuestión.