A Fundación Provigo rebaixa as taxas de socio para atraer a máis empresas participantes

O rexedor deu conta esta mañá do novo papel que vai exercer na cidade a Fundación Provigo como foro de debate e xeración de ideas sobre os sistemas produtivos en Vigo. O obxectivo é atraer a máis empresas participantes para o que se van reducir drasticamente as taxas para os socios.
Publicado por o día 26/06/2017 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

A Fundación Provigo rebaixa as taxas de socio para atraer a máis empresas participantes

O alcalde de Vigo presidiu esta mañá o Padroado da Fundación Provigo, unha reunión na que se decidiu iniciar unha nova etapa de “potenciación” desta institución para convertela nun “foro de encontro, de debate, de xeración de ideas e de cooperación sobre os sectores produtivos”. Co obxectivo de atraer a máis empresas participantes decidiuse rebaixar considerablemente as taxas dos socios. Os membros adheridos, que pagaban 3.000 ou máis euros, pasarán a abonar 500; mentres que os membros colaboradores pagarán 50 euros, cando a cantidade ata o de agora era de 451 euros. Outra das decisións que se adoptou esta mañá foi nomear a Javier Touza, xerente de ARVI, como novo tesoureiro.

O alcalde tamén deu conta da organización, o próximo 5 de xullo na sede de Afundación, das x Xornadas de Vigo ante o seu futuro, que nesta ocasión analizarán a situación e as perspectivas de sectores emerxentes como a biotecnoloxía, a industria aeroespacial, as TICS ou a enerxía. Caballero destacou que Vigo “está mellor posicionado que ningún outro territorio” para liderar estes sectores, tendo en conta, por exemplo, o desenvolvemento da produción de automóbiles, do naval ou do futuro Campus do Mar.