Gadis e a Fundación SEEDO renovan en Vigo o exitoso programa “ALIMENTES”, desenvolto baixo a acción “Prevención da Obesidade. Alixeira a túa vida”, que proporciona pautas sobre alimentación saudable, vida activa, consumo responsable e desperdicio alimentario a máis de 8.000 nenos e nenas adscritos aos nieles de Educación Infantil e Primaria de Galicia e Castela e León. No caso de Vigo, chegará a 1.200 alumnos de 18 centros.
Enmarcada entre os meses de xaneiro e xuño, esta iniciativa, recoñecida co Premio Excelencia á Saúde 2018 e finalista nos IX Premios Corresponsables, aspira a contribuír a que se reduzan os niveis de obesidade infantil proporcionando aos docentes unha base teórica para o traballo na aula, reforzado posteriormente con visitas a Supermercados Gadis.
Os alumnos aprenden conceptos relacionados coa alimentación e o fortalecemento da saúde, así como claves para unha dieta equilibrada. En paralelo, foméntase o respecto e coidado cara ao medioambiente como leitos para inculcar un consumo responsable que minimice o desperdicio alimentario. As fichas de traballo, adaptadas ao currículo oficial de Educación Infantil e Primaria de Galicia e Castela e León, están igualmente dispoñibles na web http://www.gadis.es/saludable/gadisescuela/
As visitas guiadas, cunha duración aproximada dunha hora e axustadas aos diferentes niveis educativos, serven de complemento ao material didáctico. Educadores sociais e ambientais, con formación nos contidos específicos do programa, son os encargados de orientar a un número reducido de alumnos e mostrarlles como se plasman no punto de venda as nocións adquiridas en clase, como a importancia dos produtos frescos nunha dieta sa.
Como novidade, para este curso incorpórase un novo contido no que os escolares máis maiores descubrirán como funciona un supermercado.
Neste 2019, o programa desenvolto por Gadis en colaboración coa Fundación para o estudo da obesidade SEEDO abarca un total de 15 localidades: A Coruña, As Pontes, Ferrol, Lugo, Narón, Ourense, Palencia, Pobra do Caramiñal, Ponferrada, Pontedeume, Riveira, Santiago de Compostela, Salamanca, Valladolid e Vigo.
“ALIMENTES” intégrase no programa de Responsabilidade Social Corporativa da compañía de distribución, que no último exercicio impulsou máis de 2.100 iniciativas, das que un 37% dirixíronse a fomentar a práctica deportiva e hábitos de alimentación saudable.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.