GADIS marca un novo récord e supera os 177.000 Quilos de alimentos recolleitos na súa campaña “Maio Solidario”

A compañía de distribución acumula máis de 800.000 quilos de produtos nas seis edicións desta iniciativa na que resultan claves o altruísmo dos clientes e o labor de voluntarios e empregados
Por o 08/06/2018 | Sección: Empresas
GADIS marca un novo récord e supera os 177.000 Quilos de alimentos recolleitos na súa campaña “Maio Solidario”
Compartir en:

Supermercados Gadis marcou un novo récord coa 6ª edición da súa campaña “Maio Solidario” ao recoller 150.600 quilos de alimentos non perecedoiros, o que supón un incremento dun 8,5% en comparación coa acción de 2017. A esta cantidade, Gadis sumou unha achega directa de 27.200 quilos. En total, a compañía de distribución entregou 177.800 quilos aos 12 bancos de alimentos cos que colaborou nesta ocasión.

Este notable incremento referenda o chamamento que vén facendo a compañía, apoiado pola xenerosidade dos seus clientes e a implicación desinteresada tanto dos voluntarios dos bancos de alimentos como dos seus empregados, que se envorcaron un ano máis coa iniciativa “Maio Solidario”.

Os produtos recolleitos repártense aos 12 Bancos de Alimentos de Galicia e Castela e León cos que Gadis colaborou nesta campaña: Rías Altas (A Coruña, Santiago, Ferrol), Vigo, Lugo, Ourense, Valladolid, Salamanca, León, Ponferrada, Palencia, Ávila, Zamora e o Banco Veciñal de Teo.

As seis edicións de “Maio Solidario” desenvolvidas ata a data por GADISA arroxan un balance total de 804.500 quilos. A compañía aumentou nesta edición o número de organizacións coas que colabora para abarcar o maior número de persoas posible, sempre baixo o obxectivo de lograr unha maior eficacia e equidade na repartición.

A campaña “Maio Solidario” enmárcase no programa de Responsabilidade Social Corporativa da compañía, que no último exercicio colaborou con máis de 2.100 iniciativas. GADISA promove o desenvolvemento de accións de índole solidaria, cultural, de fomento do deporte e a vida saudable, e orientadas ao desenvolvemento local.

GADISA suma 219 Supermercados Gadis, 12 Cash Ifa e 176 supermercados Claudio franquiados, situados en Galicia e Castela e León.