Supermercados Gadis volveu a ser recoñecida pola súa contribución para promover hábitos de vida saudables e consumo responsable entre a sociedade. Nesta ocasión, dúas foron os premios recibidos no marco do SaludFestival, no que competiron multinacionais e destacadas empresas de ámbito nacional nas áreas de alimentación e saúde.
No apartado de mellor uso da mensaxe en Responsabilidade Social Corporativa, o máximo galardón recaeu na campaña do tráiler de vida saudable. Unha exposición itinerante que, desde fai catro anos, percorre máis de trinta localidades de Galicia e Castela e León concienciando sobre a importancia de levar unha vida sa e practicar deporte desde a infancia.
Monitores especializados desprázanse no tráiler, que alberga contidos multimedia, imaxes e textos didácticos adaptados a todos os públicos: pautas para seguir unha dieta sa; claves para lograr un consumo seguro e sustentable e información para diminuír ou evitar o desperdicio alimentario nos fogares.
O segundo dos premios foi na categoría de mellor estratexia en campaña integrada, á acción Gadis Saudable que, unha vez máis, incide na importancia de alcanzar un equilibrio na alimentación.
O xurado está composto por diferentes profesionais expertos en alimentación, consumo e saúde. Os galardóns entregáronse no Teatro Fernando de Rojas, no Círculo de Belas Artes de Madrid.
Gadis mostrou a súa satisfacción e agradecemento por recibir estes premios, que recoñecen o esforzo realizado pola compañía en promover hábitos saudables dentro do programa de Responsabilidade Social Corporativa, con máis de 2.100 accións anuais.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.