Gadis regalará máscaras hixiénicas inspiradas na campaña de “Vivamos como galegos”

Publicado por o día 12/11/2020 na sección de Empresas,Galicia

Gadis regalará máscaras hixiénicas inspiradas na campaña de “Vivamos como galegos”

Supermercados Gadis regalará este venres, 13 de novembro, un total de 50.000 máscaras hixiénicas non reutilizables aos seus clientes en todos os puntos de venda de Galicia, ata fin de existencias, cando fagan a compra. Unha mostra máis do seu apoio nestes tempos complexos nos que a pandemia cambiouno todo.

“No ADN de Gadis está axudar e, para nós, é un compromiso coa sociedade poñer todos os grans de area que podamos para loitar contra a pandemia”, explican desde a Dirección de Marketing. Destacan, ademais, que coa entrega das 50.000 máscaras, a cadea de alimentación quere axudar aos seus clientes, lembrarlles que sigan as recomendacións sanitarias, e darlles ánimo, confianza e optimismo, “mensaxes que, sen dúbida, transmite o anuncio Non vas poder con nós”.

O berro de esperanza que lanza Gadis co novo anuncio de Vivamos como Galegos vai máis aló co hastag #QCHDN (Que Che Dean), en clara alusión ao Covid-19. Unha expresión que se imprimiu nas máscaras hixiénicas que se repartirán nos establecementos, idénticas ás que utilizan os protagonistas do anuncio. Para os que non as consigan nos supermercados, tamén se realizarán sorteos nas redes sociais e deseñáronse máscaras virtuais co mesmo mensaxe como acto simbólico da loita entre todos contra esta pandemia.

Regalar un produto de primeira necesidade, como é na actualidade este material de protección, é unha das numerosas accións que puxo en marcha a compañía desde que se desatou a crise sanitaria, na que Supermercados Gadis está a contribuír a garantir un servizo esencial á poboación.

O anuncio realizado por BAP&Conde “Non vas poder con nós” lanzouse o pasado 5 de novembro e, desde entón, cultivou un importante éxito, converténdose en viral ese mesmo día con máis de 1,5 millóns de visualizacións. Un canto á esperanza desde Galicia para todo o mundo.

Comentar noticia

Your email address will not be published.