Gadis responde á confianza dos seus clientes entregando 30.000 euros en soldos

Con este propósito, a compañía entregou dous soldos de 15.000 euros cada un, agradecendo a confianza depositada por dúas clientas ao elixir os seus puntos de venda para realizar a compra
Por o 04/04/2017 | Sección: Alimentación,Vigo
Gadis responde á confianza dos seus clientes entregando 30.000 euros en soldos
Compartir en:

Os supermercados Gadis outorga valor engadido ao acto da compra poñendo en marcha diferentes accións ao longo do ano para mellorar a calidade de vida dos seus clientes. Con este propósito, a compañía entregou dous soldos de 15.000 euros cada un, agradecendo a confianza depositada por dúas clientas ao elixir os seus puntos de venda para realizar a compra.

María Otero Alén, clienta do Gadis Hiper de Carballo (Provincia da Coruña), viu premiada a súa fidelidade recibindo un dos dous soldos de 1.000 euros mensuais durante 15 meses. Entregoullo no establecemento o Delegado de Área de GADISA, Román Roo.

Así mesmo, no Supermercado Gadis de Becerreá (Lugo), o Delegado de Área de Lugo de GADISA, Gonzalo Corredoira, entregou a Remedios Jiménez Jiménez o outro premio por valor de 15.000 euros.

Miles de clientes participaron no sorteo celebrado o pasado 8 de marzo ante notario, tras reunir tickets por valor de 200 euros no período correspondente do 1 ao 28 de febreiro, en todos os Supermercados Gadis de Galicia e Castela e León.

GADISA suma 217 Gadis, 163 Claudio franquiciados e 12 Cash Ifa, situados en Galicia e Castela e León.