Gadisa crece un 4% en 2018 cunha cifra de negocio de 1.185 millóns de euros e crea 225 novos postos de traballo directos

A compañía de capital 100% galego aumentou a superficie dos seus establecementos propios e franquiados en 8.743m2 co seu plan de expansión en Galicia e en Castela e León
Publicado por o día 13/06/2019 na sección de Alimentación,Empresas

Gadisa crece un 4% en 2018 cunha cifra de negocio de 1.185 millóns de euros e crea 225 novos postos de traballo directos
GADISA incrementou o seu volume de negocio un 4% en 2018, alcanzando os 1.185 millóns de euros e consolidando o seu liderado en Galicia cunha cota de mercado superior ao 20%, segundo a compañía especializada en medición e análise de datos A. C. Nielsen. É unha das cifras destacadas que arroxa o balance do ano pasado, no que a empresa de distribución ampliou o seu persoal a 7.437 profesionais ao xerar 225 novos postos de traballo directos, sendo a que maior número de persoas emprega no seu sector en Galicia.

A compañía, que continúa co seu plan de expansión en Galicia e Castela e León dando prioridade a manter a súa filosofía de proximidade e servizo aos clientes, contaba a peche de 2018 con 415 puntos de venda, sumando os propios Gadis, Gadis Hiper e Cash Ifa- e os franquiados Claudio e Claudio Express-. Así mesmo, aumentou en 8.743 m2 a superficie total dos seus establecementos comerciais ata 377.824 m2, sendo 325.074 os correspondentes a puntos de venda propios e 52.750 a franquiados.

A contribución de GADISA á sustentabilidade do gasto público elevouse un 7% ascendendo a 120,53 millóns de euros, dos que 79 millóns corresponden a impostos e tributos, e 41,53 a cotizacións sociais achegadas pola empresa. Ademais, os fondos propios creceron ata os 373,21 millóns de €.

No apartado de investimentos, GADISA destinou preto de 15 millóns de euros, principalmente, para dar continuidade ao seu plan de aperturas e modernización dos seus puntos de venda, que en 2018 plasmouse con seis novos Gadis en Galicia e Castela e León (Pontevedra, Salamanca, Santa Marta de Tormes, Toro, Fene e Zamora) e dúas reformas integrais na Laracha e Ourense. Tamén executou a renovación de 6 establecementos: na cidade da Coruña (2), Santiago de Compostela, Ferrol, Becerreá (Lugo) e Ourense.

Estes establecementos están dotados con tecnoloxías de innovación, primando a redución do consumo enerxético para minimizar o impacto ambiental e evitar a emisión de gases á atmosfera, mediante a instalación de equipos de frío, climatización e iluminación de última xeración. Tamén impulsou a súa liña de negocio de franquías en ambas as comunidades autónomas, con 14 inauguracións de Claudio e Claudio Express en 2018, seguindo así a filosofía de cobertura e proximidade que mantén a compañía para dar servizo tamén a pequenos e medianos núcleos de poboación.

GADISA, que opera desde dous centros de servizo loxístico en Betanzos e Medina del Campo, dispón dunha frota que supera os 200 vehículos, facilitando así o transporte e distribución dun produto fresco e de calidade en Galicia e Castela e León.

O impulso de GADISA ás economías locais 

Un dos compromisos adquiridos pola compañía é a dinamización dos tecidos produtivos de Galicia e Castela e León. Co obxectivo de cumprir as expectativas dos seus clientes no referente á oferta e calidade dos produtos, GADISA realizou compras en 2018 por un volume de 368 millóns de euros a produtores locais e de proximidade cos que traballa a diario para abastecer os puntos de venda.

Recursos humanos 

GADISA promove entre os seus 7.437 colaboradores a conciliación da vida persoal e profesional. 113 empregados foron promocionados internamente o pasado exercicio, durante o que 225 alumnos fixeron prácticas relacionadas cos seus estudos.

Responsabilidade Social Corporativa 

A compañía desenvolveu en 2018 un total de 2.130 accións enmarcadas no seu plan de Responsabilidade Social Corporativa (RSC), que engloba seis áreas estratéxicas: a sustentabilidade ambiental; a creación de riqueza nunhas condicións sociais dignas; transparencia na xestión; apoio a ONG’ s e colectivos de persoas con capacidades diversas, o impulso de iniciativas que repercuten positivamente no benestar da sociedade, como promover o deporte e a cultura; e o fomento de hábitos de consumo responsable e vida saudable.

Neste último apartado, destacan as visitas de máis de 8.000 escolares que reciben anualmente formación nos puntos de venda con consellos para seguir unha dieta equilibrada e realizar un consumo responsable; e o Tráiler de Alimentación Saudable, que percorre trinta localidades de Galicia e Castela e León achegando estas pautas á sociedade.

Medio Ambiente 

A determinación adquirida por GADISA para mellorar en cada exercicio a eficacia da súa política ambiental viuse apoiada en 2018 cuns resultados positivos no referente ao seu sistema de reciclaxe e reutilización de materiais. En total, recicláronse 8.313 toneladas entre cartón, madeira e plástico, elevando tamén o volume de movementos de caixas de plástico reutilizables aos 5.478.000, 400.000 máis en comparación co ano anterior. tico reutilizables aos 5.478.000, 400.000 máis en comparación co ano anterior.

Comentar noticia

Your email address will not be published.