Gadisa entrega aos bancos de alimentos máis de 154.000 Kg de produtos reunidos en maio solidario grazas aos seus clientes

A sétima edición da campaña de cooperación impulsada pola empresa en 193 Supermercados Gadis de Galicia e Castela e León culminou coa entrega de produtos non perecedoiros ás entidades beneficiarias na sede central
Por o 10/06/2019 | Sección: Empresas
Gadisa entrega aos bancos de alimentos máis de 154.000 Kg de produtos reunidos en maio solidario grazas aos seus clientes
Compartir en:
GADISA, con capital 100% galego, puxo fin a unha das accións solidarias de maior relevancia no seu programa de Responsabilidade Social Corporativa entregando máis de 154.000 quilogramos de produtos non perecedoiros a 11 bancos de alimentos de Galicia e Castela e León.
 
A sétima campaña Maio Solidario transcorreu durante a maior parte do mes pasado en beneficio dos bancos de alimentos de Rías Altas (A Coruña, Ferrol e Santiago), Lugo, Ourense, Vigo, Ávila, León, Palencia, Ponferrada, Salamanca, Valladolid e Zamora e o Banco Veciñal de Teo.
 
A compañía quere agradecer, un ano máis, a solidariedade e xenerosidade mostrada polos miles de clientes que realizaron o esforzo de contribuír a esta acción depositando alimentos nos recipientes habilitados nos 193 Supermercados Gadis que participaron nesta edición. GADISA tamén resalta o esforzo e a colaboración dos voluntarios, e a implicación que, como en anteriores ocasións, manifestou o persoal de tendas e loxística durante o desenvolvemento da campaña.
 
A doazón dos clientes foi de máis de 129.000 quilogramos, aos que a compañía sumou unha achega propia do 20% desta cantidade, ata superar o 154.000 kg que foron entregados ás entidades sociais.
 
Desde que en 2013 GADISA puxese en marcha esta campaña solidaria, reuníronse en total 932.807 quilogramos. Para a súa xestión, elixiuse e mantido en todas as edicións a fórmula de colaboración cos bancos de alimentos xa que estas entidades dispoñen da experiencia necesaria para a súa repartición de forma equitativa entre asociacións e ONG´ s de axuda aos menos favorecidos.
 
A empresa desenvolve un completo programa de Responsabilidade Social Corporativa, que inclúe 2.130 accións anuais divididas en seis áreas estratéxicas: sustentabilidade ambiental; transparencia na xestión; creación de riqueza en condicións sociais dignas; apoio a ONG’ s e colectivos de persoas con capacidades diversas; impulso de iniciativas que repercuten positivamente no benestar da sociedade, como promover o deporte e a cultura; e o fomento do consumo responsable e de hábitos de vida saudables.
 
Esta campaña de doazón de produtos súmase a outras de similares características, como A Gran Recollida, auspiciada pola Federación Española de Bancos de Alimentos, e numerosas colaboracións con diferentes entidades que atenden as necesidades dos menos favorecidos.
 
GADISA conta con 222 Gadis, 12 Cash Ifa e 180 establecementos franquiados Claudio e Claudio Express, situados en Galicia e Castela e León.

Comentar noticia

Your email address will not be published.