Galeguización, toponimia e feminización, proposta do Goberno de Pontevedra para nomear as rúas da cidade

A presidencia fixo esta proposta na Comisión, que será debatida e tratada polos membros da Comisión en vindeiras sesións
Por o 11/09/2017 | Sección: Galicia,Pontevedra
Galeguización, toponimia e feminización, proposta do Goberno de Pontevedra para nomear as rúas da cidade

A presidenta da Comisión, Carmen Fouces presentou está mañá na reunión da Comisión unha proposta sobre o nomeamento das rúas da cidade, para que fose valorado polos membros da Comisión, co compromiso de levar a vindeira reunión unha proposta máis pechada, de tal xeito que os membros da Comisión poidan traballar sobre ela.

A proposta é manter as liñas de traballo da Comisión para nomear as rúas: galeguización e toponimía, como se viña facendo até o de agora, e incluír a de feminización, para tratar de facer visibles no rueiro da cidade ás mulleres de Pontevedra.

Carmen Fouces lembrou que o listado de mulleres xa foi tratado no pleno, polo que a presidenta fixo xa a primeira proposta na Comisión: cambiar o nome da rúa Fernández Ladreda por María Victoria Moreno, como primeiro paso desta xeira.

A Comisión de Cultura abordou esta mañá dúas mocións, unha do Grupo municipal do BNG e outra de Marea, coa mesma temática: o pazo de Meirás. Os grupos acordaron na comisión reunirse para tratar de levar unha moción única ao pleno municipal do venres, 15 de setembro.

As dúas mocións foron ditaminadas a favor cos votos de BNG, PSOE e Marea, e a abstención de PP e C,s.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.