Galicia acolleu na última década ao redor de 150 xuízos con xurado popular. Para a organización e xestión deste tipo de xuízos, a Xunta encárgase exclusivamente da provisión de medio materiais, seguindo sempre o que lle comunica o órgano xudicial competente en cada caso.
Así o explicou hoxe o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, en resposta a unha pregunta parlamentaria, onde precisou que estes xuízos desenvólvense normalmente sen ningún tipo de incidencia.
Respecto a posibles problemas xurdidos nalgún xuízo puntual, o vicepresidente lamentou as incomodidades que puidera ter sofrido o xurado e avanzou que están a ter lugar reunións entre representantes da Xunta, responsables xudiciais e dos letrados ao servizo da Administración da Xustiza para mellorar a coordinación e comunicación.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.