Galicia conta xa coa segunda das cinco patrulleiras previstas para a frota de gardacostas

O Servizo de Gardacostas de Galicia recibiu hoxe a segunda das cinco patrulleiras previstas no proceso de renovación parcial da frota do Servizo de Gardacostas de Galicia. Este é un paso administrativo obrigatorio para a entrada en funcionamento desta embarcación, que se producirá nas próximas semanas. A patrulleira lixeira entregada hoxe á Xunta é a `Punta da Guía´, que terá a súa base en Vigo e relevará á embarcación `Barbanza´.

Ao igual que a ‘Punta Promontoiro’, entregada semanas atrás, a `Punta da Guía´ é de tipo monocasco e conta cunha eslora de 17 metros, ten unha manga de 5 metros e o calado é de 0,9 metros. Entre as súas prestacións está acadar os 36 nós de velocidade máxima, 33 de velocidade cruceiro e unha autonomía mínima a 19 nós de 553 millas náuticas. Esta e as outras embarcacións incluídas neste proceso de renovación son aptas para tarefas de inspección e vixilancia pesqueira, control e apoio á frota, colaboración en operacións de busca e salvamento e participación en actividades de loita contra a contaminación mariña.

Noticias de última hora en Vigo

SIGUENOS EN TELEGRAM