O Boletín Oficial do Estado publica a orde que fixa a entrada en funcionamento dos novos xulgados galegos o vindeiro 31 de xaneiro, tal e como estaba previsto na nosa comunidade.
Só 17 dos 89 previstos para este ano, comezarán a funcionar o 31 de xaneiro, entre os que están os 4 galegos. As novas unidades xudiciais que entrarán en funcionamento son os novos Xulgados de Primeira Instancia en Ferrol, Ourense e Vigo, o novo Xulgado do Social na Coruña.
O Goberno galego valora positivamente que se veña de confirmar a entrada en funcionamento dos xulgados na nosa comunidade, estando por parte do Goberno galego todo operativo para que nesa data poidan empezar a funcionar con total normalidade, dotándoos dos medios materiais e persoais que precisen.
A Xunta segue apelando á necesidade de que a creación de xulgados continúe en 2018 para seguir mellorando o servizo á cidadanía, especialmente naqueles lugares con máis carga de traballo.
Noticias de última hora en Vigo