Galicia continúa entre as comunidades que pagan máis rápido aos seus provedores, 18 días antes que a media

É a sexta comunidade que mellor paga, segundo o Ministerio de Facenda
Publicado por o día 23/10/2017 na sección de Economía,Galicia,Xunta de Galicia

Galicia continúa entre as comunidades que pagan máis rápido aos seus provedores, 18 días antes que a media

Galicia mantense entre as comunidades autónomas que pagan máis rápido aos seus provedores, ao pechar o mes de agosto cun tempo medio de pago 18 días inferior á media autonómica, segundo mostran os datos oficiais publicados hoxe polo Ministerio de Facenda e Función Pública.

O período medio de pago de Galicia situouse en agosto en 10,1 días, mentres que a media autonómica foi de 28,2 días, é dicir, 18 días máis tarde que en Galicia. O informe elaborado polo ministerio mostra tamén que tres comunidades autónomas incumpriron en agosto o tempo máximo de pago de 30 días que establece a lexislación.

Deste xeito, Galicia mantense un mes máis como unha das comunidades que mellor atende aos seus provedores, axilizando os pagos e evitando problemas de liquidez ás empresas que prestan servizo á Administración galega. En concreto, Galicia é a sexta comunidade –a cuarta de réxime común- que paga máis rápido aos seus provedores.

En canto á débeda comercial, a ratio de débeda/PIB de Galicia en agosto situouse no 0,39%, por debaixo da media autonómica (0,53%). Ao mesmo tempo, Galicia conseguiu reducir este indicador un 29,8% no último ano, ata os 233,8 millóns de euros.

.

Período Medio de Pago – Agosto 2017 (*CCAA de réxime foral)

País Vasco *
(1,5)
Aragón
23,2
Navarra*
(1,4)
A Rioxa
24,1
Andalucía
3,8
Media CCAA
28,2
Castela-A Mancha
7,8
Estremadura
28,8
Asturias
8,2
Madrid
29,5
Galicia
10,1
Cataluña
30,0
Castela e León
11,2
Cantabria
31,6
Baleares
19,4
Valencia
56,8
Canarias
20,5
Murcia
63,1