Galicia continúa entre as comunidades que pagan máis rápido aos seus provedores, 20 días antes que a media

É a cuarta comunidade que mellor paga, segundo o Ministerio de Facenda.
Publicado por o día 03/10/2017 na sección de Economía,Galicia,Xunta de Galicia

Galicia continúa entre as comunidades que pagan máis rápido aos seus provedores, 20 días antes que a media

Galicia continúa entre as comunidades autónomas que pagan máis rápido aos seus provedores, ao pechar o mes de xullo cun tempo medio de pago 20 días inferior á media autonómica, segundo mostran os datos oficiais que vén de publicar o Ministerio de Facenda e Función Pública.

O período medio de pago de Galicia situouse en xullo en 3,1 días, mentres que a media autonómica foi de 23,2 días, é dicir, 20 días máis tarde que en Galicia. Deste xeito, Galicia consolídase como a cuarta comunidade que mellor atende aos seus provedores, axilizando os pagos e evitando problemas de liquidez ás empresas que prestan servizo á Xunta.

Galicia continúa a cumprir os obxectivos do plan Pago 10, impulsado pola Xunta este ano e que ten como obxectivo situar o período medio de pago no entorno dos dez días. Ademais, o informe do Ministerio reflicte tamén que o período medio de pago de Galicia é agora 8,6 días inferior ao mesmo mes do ano pasado, o que evidencia unha importante mellora neste eido.

En canto á débeda comercial, a ratio de débeda/PIB de Galicia en xullo situouse no 0,37%, moi por debaixo da media autonómica (0,54%). Ao mesmo tempo, Galicia conseguiu reducir este indicador ata os 225,1 millóns de euros no último ano, un 32% menos.