Galicia en Común-Anova Mareas suspende os actos e actividades da precampaña

O candidato, Antón Gómez-Reino, iniciará a cuarentena conforme as recomendacións das autoridades sanitarias e do seu grupo parlamentar e pide calma ante un escenario complexo incindindo na necesidade de reforzar a sanidade pública
Publicado por o día 12/03/2020 na sección de En Común Unidas Podemos,Política

Galicia en Común-Anova Mareas suspende os actos e actividades da precampaña

O Comité de Coordinación da Coalición Galicia en Común-Anova Mareas vén de manter unha xuntanza de urxencia a primeira hora desta tarde na que se acordou, en relación ao Covid-19, adoptar as seguintes decisións:

En primeiro lugar, de forma cívica e voluntaria, o candidato da formación á presidencia da Xunta, Antón Gómez-Reino, iniciará esta mesma tarde e de xeito voluntario un periodo de cuarentena pese a estar asintomático, tal e como el mesmo comunicou a través das súas redes sociais. Queda ao dispor dos profesionais sanitarios para someterse a proba do Covid-19 seguindo as recomendacións das autoridades sanitarias  e as do propio grupo parlamentar no Congreso dos Deputados para as persoas que puideron estar en contacto con persoas con resultado positivo. 

En segundo lugar, o Comité decidiu suspender os actos e actividades previstos para a precampaña e limitar ao máximo o número de xuntanzas presenciais, potenciando as videoconferencias e o teletraballo.

Ademais, o Comité de Coordinación da Coalición continuará avaliando a situación en función de cada momento para adoptar aso as decisións mais acaídas, sempre seguindo as pautas que marquen as autoridades sanitarias e das que informaremos puntualmente tan pronto como proceda.