Galicia en Común apoia ao comité de empresa de BorgWarner contra o ERE que pretende esnaquizar 103 postos de traballo

Eva Solla: “É inasumible que empresas como BorgWarner, que teñen recibido subvencións da Consellería de Industria, non estean controladas pola institución que as financia, e que esa financiación non estea ligada á creación e mantemento de emprego de calidade”
Publicado por o día 09/07/2020 na sección de En Común Unidas Podemos,Galicia,Política,Vigo

Galicia en Común apoia ao comité de empresa de BorgWarner contra o ERE que pretende esnaquizar 103 postos de traballo

A cabeza de lista pola provincia de Pontevedra de Galicia en Común-Anova Mareas, Eva Solla, xunto á número dous, Iria Figueroa, mantiveron unha xuntanza este mércores co comité de empresa de BorgWarner no seu centro de traballo de Zamans, na que abordaron o recente anuncio da empresa de levar a cabo un ERE de extinción

“Consideramos que a autoridade laboral competente, dependente da Xunta, non pode autorizar este expediente de regulación de emprego, xa que, entre outras cuestións, parte do persoal atópase actualmente nun ERTE por forza maior pola covid-19, tendo a posibilidade de amplialo ata setembro” explicou Eva Solla.

“O que resulta absolutamente inasumible é que empresas como BorgWarner, que teñen recibido subvencións da Consellería de Industria, non estean controladas pola institución que as financia, que esa financiación non estea ligada ao mantemento do emprego, e poidan poñer enriba da mesa 103 despedimentos mantendo os beneficios”, enfatizou Eva Solla.

A tenor da información económica que a empresa está obrigada a entregar ao comité ao inicio do período de consultas do ERE,  os datos amosan que a compañía mantivo ano tras ano unha subida constante nos beneficios. “É inaceptable que con beneficios se plantexen medidas extintivas cando, ademais, existen alternativas” engadiu Solla.

Pola súa banda, Iria Figueroa incidiu na necesidade dun Goberno na Xunta que “mire polo emprego de calidade e a nosa industria”. “A partir do 12 de xullo poremos  fin ás subvencións que non estean vinculadas ao mantemento do emprego. Non se pode admitir que multinacionais que levan anos recibindo subvencións millonarias por parte da Xunta poidan anunciar, como é o caso, o despedimento de máis de 100 traballadores”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.