A candidata de Galicia en Común por Pontevedra, Ángela Rodríguez (Pam), chamaba hoxe á mobilización de todas as xentes progresistas nas urnas o vindeiro 10 de novembro, particularmente as mulleres, a mocidade e aos pensionistas, que xa teñen dado exemplo de loita e compromiso, para que Galicia este presente nun goberno de esquerdas con voz propia e no centro da acción política para garantir futuro e dereitos.
“O PSOE non fai máis que prometer. Nós, Galicia en Común, somos os que lles podemos obrigar a cumprir cos seus propios compromisos”, manifestaba a exdeputada. “Galicia en Común-Unidas Podemos non entrou no goberno e Yolanda Díaz -que encabeza a lista pola provincia- non é ministra porque nós sí queríamos de verdade mudar as vidas da xente. E iso era o que lle preocupaba a os que lle mandan a Pedro Sánchez”, manifestou Rodríguez.
“Vivimos nunha época na que queren que asumamos como normal, pouco a pouco, que somos un país de ricos e de pobres, no que os recursos non se comparten e non hai igualdades de oportunidades”, reflexionou a exdeputada e candidata. «Por iso o estamos a dicir do xeito que mellor resume o noso programa e a nosa vontade. O noso lema é moi claro: Conta con nós. Contade con nós».
Ángela Rodríguez participaba hoxe a tarde nun encontro coas xentes de Gondomar no centro Nerual arroupada por outras dúas mulleres novas e candidatas por Pontevedra: Verónica Hermida e Antía Rodríguez, que concorren a estes comicios nas listas ao Congreso e ao Senado, respectivamente.
“Representamos a loita por unhas vidas vivibles, pola dignidade das xentes do común. Nesta campaña unicamente nós estamos a falar do importante, dos problemas da xente do día a día: dos prezos dos alugueiros, do paro, da precarización do emprego”, reivindicaba Verónica Hermida.
Pola súa banda, a mais nova das tres, Antía Rodríguez, estudante de Maxisterio reflexionaba sobre o que a levou a dar un paso adiante na política para concurrir, con tan so 20 anos, as Elección xerais do 10 de novembro como candidata ao Senado.
“Fágoo porque o personal é político. Quero formar parte do cambio porque a mocidade, a miña xeración, queremos un futuro no que os dereitos non sexan un privilexio. Quero que, no futuro, os meus alumnos e alumnas poidan ter material e que as miñas compañeiras de carreira non teñan que deixar a Universidade porque non poden pagar as taxas da matrícula”.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.