Galicia en Común cualifica de «pelotazo urbanístico e cacicada» o proxecto dun centro comercial en Mos

Iria Figueora, número dous por Pontevedra, apoiou as reivindicacións da Asociación de Montes Veciñais de Tameiga, que se opoñen frontalmente ao proxecto de construción dun centro comercial na parroquia

Galicia en Común-Anova Mareas ven de amosar hoxe o seu respaldo veciñanza de Mos que se opón a construción dun centro comercial. Iria Figueroa , número dous da lista pola provincia de Pontevedra, cualificou o proxecto como unha ‘’cacicada e pelotazo urbanístico a tres bandas impulsado polo Concello de Mos, a Xunta do PP e o empresario Carlos Mouriño’’.

Así mesmo, manifestou que era ‘’inadmisible’’ que se pretenda ‘’usar a cidade deportiva para facer un centro comercial’’ e reclamou que, ese proxecto, de facerse, se ubique en chan  urbanizable «e non en terreo expropiados á veciñanza’’.

Figueroa referiu que este proxecto está ‘’plagado de irregularidades’’ para buscar ‘’o beneficio económico’’ de empresarios aos que chamou ‘’amigos das institucións políticas involucradas’’, sinalando concretamente ao Goberno da Xunta do PP de Núñez Feijóo e ao Concello de Mos.

Figueroa concluíu cun chamamento ás urnas para que o día 12 de xullo exista un ‘’Goberno alternativo ao cacique Feijóo’’ que sexa ‘’activo e medie coas Comunidades de Montes’’ para que os veciños poidan ‘’recuperar o que lles foi expropiado sen atender ao interese xeral’’.

Noticias de última hora en Vigo

SIGUENOS EN TELEGRAM

Comentarios (0)
Publicar comentario