Galicia en Común denuncia que o precario mercado laboral pon en risco o estado de benestar e a democracia

A título da xornada ‘Un traballo digno para unha nova cidadanía’, representa «a centralidade do que estamos a vivir», sinalou Yolanda Díaz, que incidiu en que a xente moza está tendo serias dificultades para atopar eses dereitos laborais polos que loitamos.
Publicado por o día 01/11/2019 na sección de En Común Unidas Podemos,Galicia,Política,Vigo

Galicia en Común denuncia que o precario mercado laboral pon en risco o estado de benestar e a democracia

Vigo acolleu este xoves unha das xornadas laboralistas máis importantes da campaña, coa presenza do candidato de Galicia en Común, Jaime Cabeza, catedrático de Dereito do Traballo; Ana Isabel Mariño, inspectora de Traballo; Joaquín Aparicio, catedrático de Dereito do Traballo; Mª Amparo Merino, profesora de Dereito do Traballo; Elvira Landín, avogada laboralista e María del Tránsito Fernández, Secretaria Nacional de CIG-Servizos, moderado e presentado pola candidata Yolanda Díaz e o deputado no Parlamento, Manuel Lago.

«Compartimos mesa con grandes laboralistas nas xornadas que organizamos desde Galicia En Común para analizar a situación do precario mercado laboral que vivimos», sinalou Yolanda Díaz, engadindo que se está poñendo en risco «xa non só o estado de benestar, senón tamén a democracia no noso país».

A título da xornada ‘Un traballo digno para unha nova cidadanía’, representa «a centralidade do que estamos a vivir», sinalou Díaz, que incidiu en que a xente moza está tendo serias dificultades para atopar eses dereitos laborais polos que loitamos.

«Non pode haber estabilidade cando a desigualdade é tan brutal no noso país», incidiu a deputada, que resaltou que, precisamente por iso, «o 10 de novembro xogámonos moitas cousas en Galicia e no conxunto do Estado».

«O que nos xogamos é que nos poden voltar a roubar. Cando hai risco de que ocorra, a cidadanía tense que mobilizar. Xa sabemos que vai haber un recorte de 6.600 millóns de euros que esixe Europa, que non queren derogar a reforma laboral e presumen da mochila austríaca que abre o paso ao despido libre. A xente debe ter claro que o 11N a cidadanía vai seguir vivindo na vulnerabilidade, pero queda espazo para soñar, porque as cousas pódense cambiar, como xa demostramos con pequenos logros no Congreso, como a subida do salario mínimo a 900€, que queremos seguir mellorando», engadiu.

Ante isto, a deputada insistiu en que desde Galicia en Común «somos claras» e pedimos que ese novo recorte «non pode azotar novamente ás clases populares e traballadoras».

«Decimos isto porque estamos a preguntar ao PSOE como van aplicar estes recortes e o certo é que non responden. Non imos permitir que nos volten roubar os nosos dereitos, por iso é importante saír con forza este 10 de novembro», concluiu.

O catedrático e candidato Jaime Cabeza sinalou a necesidade de que forzas como Galicia en Común teñan representación e forza, porque o PSOE, que leva ano e medio no Goberno «demostrou que non está facendo nada para loitar contra a precariedade».

«Temos unha precariedade que se achega ao 28% da poboación activa. Quen ten a responsabilidade? Que fixo o Goberno para solventar a situación da xente más precaria e vulnerable?», preguntou se Cabeza.

«O que queremos son pequenos cambios. Non queremos cambios fundamentais na nosa sociedade, pero con pequenos cambios se pode operar unha auténtica revolución que lle de esperanza á nosa xente», incidiu.

O catedrático do Dereito do Traballo, Joaquín Aparicio, resaltou a Proposición de Lei (PL) de revalorización das pensións elaborada no Congreso por Galicia en Común e este grupo de expertos.

«A PL que elaboramos no Congreso, coa coordinación de Yolanda Díaz, non é unha revolución, pero se conseguimos que se aprobase, sería revolucionaria, daríamos a volta a pequenas cousas, mellorando moito a vida da nosa xente», incidiu.

Mª Amparo Merino, profesora de Dereito do Traballo, resaltou a necesidade de construir «un novo marco normativo para impulsar o traballo con dereitos e digno», mentres que Elvira Landín, avogada laboralista de Vigo, destacou que é preciso «revelarse contra a precariedade da vida».

Tránsito Fernández, Secretaria Nacional de CIG-Servizos, sinalou varios datos «que deixan claro que a precariedade ten rostro de muller», dado que teñen a maior parte dos «contratos a tempo parcial e con salarios inferiores ao SMI».

A maiores, Anabel Mariño sinalou que cada vez existen máis elementos «que xeran precariedade no traballo».

«Percibo non só que baixa o número de denuncias, inestabilidade e medo a perda do emprego, e tamén certa entrega á situación, esa capacidade de soñar, de plantexarse de por qué o reparto da riqueza é tan desequilibrada, isto está desaparecendo», denunciou Mariño.

Finalmente, o deputado no Parlamento, Manuel Lago, fixo un marco da situación socioeconómica en Galicia, alertando de que nos enfrentamos a un futuro «moi incerto».

«As previsións para 2050 son terribles en termos de poboación e envellecemento. A nosa estratexia está centrada no emprego estable, cun salario digno», sinalou.

Para ter esas oportunidades de emprego, Lago apuntou a un cambio de modelo produtivo, porque sen industria «este país non ten futuro».

Ademais, pediu «recuperar o diálogo social» e cambiar os orzamentos «das polítcas de emprego e mellora do servizo público de emprego».

Una respuesta para "Galicia en Común denuncia que o precario mercado laboral pon en risco o estado de benestar e a democracia"

Comentar noticia

Your email address will not be published.