Galicia En Común esixe medidas lexislativas para abordar os problemas actuais da Xustiza

Por o 18/06/2019 | Sección: En Común Unidas Podemos,Galicia,Política,Vigo
Galicia En Común esixe medidas lexislativas para abordar os problemas actuais da Xustiza

A voceira de Galicia en Común, Yolanda Díaz, reuniuse este luns co Colexio de Procuradores de Vigo para abordar solucións viables contra a ralentización e as ineficiencias da Administración de Xustiza.

«Unha das principais preocupacións da cidadadanía en relación á Xustiza é a súa ralentización e ineficiencias na súa aplicación. Hai un obstáculo que o propio Colexio destaca, que é o trámite de execución procesual», afirmou a deputada.

Díaz insistiu en que todas as reformas que propoñen desde o Colexio son válidas para frear o atasco que hai no trámite.

«As reformas que solicitan mellorarían a calidade na prestación de servizo e dotarían de función a uns profesionais que son moi relevantes na Administración. É indiscutible que teñen que ter un rol activo», sinalou a deputada.

Ante esta situación, avanzou que desde o grupo Galicia En Común no Congreso rexistraremos iniciativas que teñen que ver con preguntas sobre as remudas lexislativas que se poden acometer e vencelladas á execución procesual penal, no que ten que ver coa responsabilidade civil nesta materia.

Pola súa banda, Jose Antonio Fandiño, decano do Colexio de Procuradores de Vigo avanzou que o que se precisa é «un cambio lexislativo estrutural».

«Plantexamos a figura dun «axente executor», unha función que existe en case todos os países da contorna,. Consideramos que os procuradores podemos cumprir esta función e, deste xeito, axilizaríase a Xustiza», afirmou.

«Desde Vigo impulsamos esta iniciativa xeral. Se sae adiante, poderíamos practicar actos de comunicación, realizar embargos ou xestionar os documentos en lugar de remitir ao Xulgado», insistiu o decano.

Comentar noticia

Your email address will not be published.