Galicia En Común esixe no Congreso a conversión en travesía urbana o tramo da AP-9 á súa entrada en Vigo

Publicado por o día 14/06/2019 na sección de En Común Unidas Podemos,Galicia,Política,Vigo

Galicia En Común esixe no Congreso a conversión en travesía urbana o tramo da AP-9 á súa entrada en Vigo

A deputada de Galicia En Común, Yolanda Díaz, mantivo este venres unha xunttanza cos representantes das AAVV de Teis (Vigo) e Chapela (Redondela) e prersentou as iniciativas rexistradas no Congreso dos Deputados para a conversión en travesía urbá o último tramo da AP-9 á súa entrada en Vigo.

«Tivemos unha xuntanza coas asociacións de veciños que están defendendo políticas públicas que sexan acordes cunha política de infraestruturas que está sendo mala para Vigo e a súa comarca», afirmou a deputada, que insistiu en que desde o noso grupo «fixemos un traballo forte nesta materia e continuamos a facelo coa presentación de novas iniciativas».

Díaz lembrou que a propia comisión de Fomento xa aprobara a conversión en tramo urbano a zona de entrada da autoestrada na cidade de Vigo dende as Torres de Padín, pero «aínda non se fixo nada».

«Desde Galicia en Común voltamos instar á necesidade de tranformación desta autoestrada», afirmou en declaracións aos medios a deputada, que lembrou o último accidente, no que faleceron persoas mozas: «non se debe volver a producir, hai unha mala planificación».

Ante esta situación, no Congreso pedimos unha actuación inmediatta.

«Fomento amosa un completo desleixo para Galicia. Gustaríanos que o alcalde de Vigo puxera empeño para que o ministerio se implique nestas actuación. Non queremos que volva haber mortes por unha zona de risco», insistiu a deputada.

Marcial Perez, presidente da AAVV de Chapela, mostrou o seu apoio ás iniciativas.

«Pedimos que non poñan máis escusas e que poñan vontade política para solventar estes problemas. É urxente que o convertan en tramo urbano, que arranxen o que destrozaron e poñan pantallas acústicas», insistiu.

Pola súa banda,Antonio Collazo, presidente da AAVV de Teis, insistiu en que se Fomento o ve factible, se dan o visto bo ás obras, «non entendemos porque non se fan».

«Sería unha actuación que beneficiaría Vigo e a contorna da cidade. Hai unha densidade de tráfico excesiva. Entendemos que as obras non se fan porque non hai vontade política», insistiu.

Comentar noticia

Your email address will not be published.