Galicia en Común fai un chamamento á mobilización para a defensa do sector naval de Vigo

Publicado por o día 13/10/2019 na sección de En Común Unidas Podemos,Galicia,Naval,Política,Vigo

Galicia en Común fai un chamamento á mobilización para a defensa do sector naval de Vigo

A voceira de Galicia en Común, Yolanda Díaz, fixo este venres un chamado á mobilización para defender o sector naval en Vigo.

A deputada asistiu á asemblea dos traballadores de Vulcano despois da decisión do xulgado mercantil de ditar a extinción colectiva de contratos na factoría e máis tarde mantivo unha xuntanza con delegados sindicais dos estaleiros do naval de Vigo para coñecer a difícil situación que atravesan.

Respecto a Barreras, Díaz incidiu en que «pedimos información ao Goberno, pero hai opacidade»

«É inaudito que os sindicattos non teñan acceso aos informes. É anti democrático, temos dereito a saber que lle pasa a Barreras, ten unha xestión deficiente e hai complicidade dos poderes públicos», sinalou.

Antet esta situtación, a deputada urxiu unha salvagarda para Barreras. «Hai que garantir a carga de traballo, son postos de traballo directos e indirectos. Cada estaleiro pechado é unha cuota que gañan outros países», denunciou, resaltando que ningún outro país europeo «permitiría botar a perder este sector estratéxico».

Respecto a Vulcano, a deputada mostrou a súa solidaridade coas familias e denunciou o «desleixo» un estaleiro que é centenario.

A deputada concluiu que o PSOE e o PP «non teñen interese en salvar a esta sector» e advertiu que «non teremos futuro sen economía produtiva».

«Estamos vivindo un proceso de desindustrialización brutal», incidiu, lembrando o caso de Vulcano, Alcoa, Isowat, Poligal ou Barreras, entre ourtos.

Comentar noticia

Your email address will not be published.